Seleccionar página

por Amancio Castro –

É una das herbas máxicas da noite de San Xoán que se botan ao cacho (recipiente de boca ancha con auga) e quedan toda a noite ao orballo.

O poexo ou poenxo pertence á familia das mentas. É común nos regos de auga das veigas aínda que nos últimos tempos escasea posiblemente a causa dos abonos minerais que impiden o seu crecemento natural.

Coñécea todo o mundo e sabe das súas propiedades tomada en infusión. Se vos digo o nome castelán saímos de dúbidas porque o noso poexo ou poenxo non é outra planta que a “menta poleo ou poleo menta” de nome científico “Mentha pulegium”

A foto é o resultado de amontoar varias con distintas flores a foco (técnica do “Focus stacking”) /Cámara Canon 5D, obxectivo 65 mm 1-5 X súper macro.

Amancio Castro

Amancio Castro

Amancio Castro

Fotógrafo

Nacín na zona vella de Pontevedra, nunha familia onde se potenciaban os valores referentes ao respecto polo mundo natural e ás artes por diante dos temas materiais.
Tremendamente curioso dende neno pola natureza estudei para mestre especializándome en ciencias naturais.
Dende 1980 fun percorrendo toda Galicia e zonas limítrofes coa Sociedade Galega de Xeografía fotografando a natureza para ter material de apoio para o estudo dos ecosistemas e formacións xeo-morfolóxicas, materiais que utilizaba para as miñas clases e que figuran en libros de texto e guías didácticas que fun publicando con varios autores.
A partir de 1990 funme especializando na fotografía científica, macro de plantas e fungos de menos de 2mm que saen publicadas nos artigos científicos do micólogo Jaime Blanco Dios co que sigo a colaborar na actualidade.

máis artigos

Actividades do 14 ao 20 de xuño 2021

Do 7 ao 13 de Xuño

Actividades do 31 de maio ao 6 de xuño

Do 24 ao 30 de Maio 2021

Do 17 ao 23 de maio 2021

Do 10 ao 16 de maio 2021

♥♥♥ síguenos ♥♥♥

Español