O regreso das botellas de vidro: unha lección desde Alsacia
Todos coñecemos ou lembramos o sistema que se comenta nesta pequena reportaxe: a recuperación das botellas de vidro nos comercios e grandes superficies. O consumidor recibe unha pequena compensación económica pola devolución das botellas, que logo se limpan e reutilizan. En Francia, este sistema estivo en funcionamento ata mediados dos anos setenta, cando o plástico comezou a invadir os mercados.
Nun pequeno concello da rexión de Alsacia, no nordeste de Francia, asistimos a unha escena que semella doutra época, pero que volve coller forza nos últimos anos: a entrega a domicilio de tres caixas de auga mineral, a cambio doutras tres valeiras.
As caixas devoltas quedan rexistradas na conta do cliente, e o importe (4,20 € por cada caixa, pagado inicialmente co pedido) dedúcese do seguinte encargo. As botellas recóllense, límpanse, quítaselles a etiqueta e reutilízanse. Trátase dun costume que sempre existiu nesta rexión, que perdeu algo de forza coa chegada do plástico, pero que nunca desapareceu do todo.
A consigna, tamén nas grandes superficies
Mesmo nos supermercados, o sistema de consignas mantívose grazas á automatización. Unha máquina permite aos clientes introducir as botellas valeiras e recuperar alí mesmo o importe. “Dóullo na caixa e descóntanmo das miñas compras”, comenta unha señora.
Este sistema funciona con botellas de vidro de gaseosa, auga ou cervexa, que curiosamente son máis baratas ca as de plástico. De momento, só participan marcas locais alsacianas, que souberon manter viva esta práctica grazas tamén ao apoio dos supermercados, que lle deron maior visibilidade no mercado.
Un modelo en crecemento
Por agora, só representa arredor do 5 % dos volumes totais, pero vai medrando. Hai uns anos falábase de 20.000 ou 30.000 botellas reutilizadas. En 2024, xa superan as 80.000.
Moitas destas botellas veñen dunha fábrica de cervexa situada en Hochfelden, ao norte de Estrasburgo. Alí, as botellas devoltas lávanse, retíraselles a etiqueta e prepáranse para un novo uso. Estímase que cada botella pode reutilizarse arredor de vinte veces, o que lle dá unha vida útil duns sete anos.
Beneficios económicos e ecolóxicos
As consecuencias son claras: redúcese o custo de produción e o prezo de venda mellora lixeiramente. Pero sobre todo, é unha práctica ecolóxica: afórrase ata un 79 % de emisións de CO₂.
E en Galiza, sería posible?
Non sei se isto sería aplicable en Galiza. Lembro que se facía, e quizais aínda se faga, coas botellas de gaseosa, que antes se consumían moito. É unha cuestión cultural e organizativa: cada país ou rexión podería facelo dun xeito distinto.
Aquí, tal vez terían que ser as marcas as que liderasen a iniciativa. Por exemplo, Estrella Galicia podería recuperar as súas botellas nos centros comerciais. E tampouco sei se en Catalunya se recuperan as botellas de cava.
En Francia, existe tradicionalmente un consumo de cervexa “de mesa”, en botellas de litro ou tres cuartos, e moitas augas minerais seguen a envasarse en vidro.
Un tema para reflexionar
Aquí queda o tema enriba da mesa. Creo que todos estamos un pouco fartos de tanto plástico. E ti, que opinas? Recuperarías as botellas de vidro se tiveses a opción?
Outro artigo interesante para reflexionar

Ghislaine Gourlaouen Bryselbout
Profesora de francés
máis artigos
Microidadismos I por Pilar Freitas Juvino
by Pilar Freitas | Maio 31, 2026 | Actividades | 0 Comments
Actividades culturais do 25 ao 31 de Maio por Ana Santos
by Ana | Maio 24, 2026 | Actividades | 0 Comments
Actividades culturais do 18 ao 24 de maio 2026 por Ana Santos
by Ana | Maio 17, 2026 | Actividades | 0 Comments
Actividades culturais do 11 ao 17 de maio por Ana Santos
by Ana | Maio 10, 2026 | Actividades | 0 Comments
Actividades culturais do 4 ao 10 de Maio por Ana Santos
by Ana | Maio 3, 2026 | Actividades | 0 Comments
Actividades do 27 de Abril ao 3 de Maio por Ana Santos
by Ana | Abril 26, 2026 | Actividades | 0 Comments
Lola Fontán Fernández-a Xenxa- por Ana Santos
by Ana | Decembro 16, 2025 | Historias de vida | 0 Comments
Piruca Baena Solla por Ana Santos Solla
by Ana | Setembro 21, 2025 | Historias de vida | 2 Comments
Ana Carretón Guada por Ana Santos Solla
by Ana | Febreiro 2, 2025 | Historias de vida | 0 Comments
José María Fernández Vázquez por Ana Santos
by Ana | Decembro 1, 2024 | Historias de vida | 0 Comments
Olga Martínez López por Ana Santos Solla
by Ana | Outubro 27, 2024 | Historias de vida | 2 Comments
Luisa Pan Martínez por Ana Santos Solla
by Ana | Setembro 22, 2024 | Historias de vida | 0 Comments
Rock e Arte Conceptual de Nova York por Javier Domínguez
by Colaborador | Xuño 14, 2026 | Articulos | 0 Comments
Carautas por Charo Valcárcel e Iria Morgade
by Colaborador | Xuño 14, 2026 | Literarias | 0 Comments
Un bo lugar para a poesía por Alfonso Cuadros e Elisabeth Oliveira
by Colaborador | Xuño 7, 2026 | Literarias | 0 Comments
Día a día de Vicente Méndez González
by Colaborador | Xuño 7, 2026 | Fotográficas | 0 Comments