por Charo Valcárcel
O Verán
Eu non sei por que me
gusta tanto o verán
Debe ser polo mar, si
estou convencida,
nas demais estacións
do ano non o podo
gozar da mesma maneira
pero eses días de verán
tan longos nos que o ceo
e o mar rivalizan no seu azul
e a cor vermella do
crecúspulo se ergue
esplendorosa
Eses longos días nos que
me deixo atrapar polo
seu engado.
Nos que os meus ollos
devoran ávidos a paz e
sosego do mar en calma
E os meus pés se funden
na area deixándose
agarimar polas ondas
Eses días son os mellores do ano

Charo Valcárcel Mato
Profesora de Galego
Eu son Charo Valcárcel. Nacín nunha pequena freguesía da Estrada (Sta. Cristina de Vinseiro) hai 60 anos, pero xa levo trinta e cinco vivindo en Pontevedra, case tantos como os que traballei no IES Valle Inclán (trinta e dous), toda unha vida…
Estudei Filoloxía Hispánica, aínda que me presentei e aprobei as oposicións para profesora de Lingua galega e sempre exercín como tal, do cal me sinto e sentirei sempre moi orgullosa.
No Valle Inclán coñecín a Ana, Manuel, Isidro, Benito e Sara que, considero, máis que compañeiros, amigos, bos amigos. Xuntos compartimos moitas experiencias.
Agora esta na que nos implicou Ana que, polo menos para min, é un salvavidas, un incentivo que chega para encher o oco que deixa o ensino nas nosas vidas.
Pero tamén formamos parte dun grupo de teatro de profesores (en activo e xubilados) que naceu no 2005 no seo do Valle Inclán, Argallada, e que está esperando tempos mellores para retomar a súa actividade.
Agardo que as miñas contribucións no blog devellabella sexan merecedoras do voso beneplácito ou, polo menos, non do voso desgusto.
máis artigos
♥♥♥ síguenos ♥♥♥