Marina Abramovic e Ulay coñecéronse en Amsterdam en 1976. Ela, serbia, facía unha performance na que cunha coitela debuxaba unha estrela comunista ensanguentada no seu ventre.
Él, alemán, nado o mesmo día do ano que ela, un día 30 de novembro, e tamén adicado á arte da performance, observaba.
A partires dese encontro formaron parella sentimental e artística co nome de “O Outro”.
Os seus traballos, cargados de simbolismo, sempre tiñan como eixo os seus corpos e as relacions humanas.
Déronse labazadas, gritaron, fixeron chocar os seus corpos, uniron as súas bocas ata o esvaecemento.

The Lips of Thomas, 1975-1997

Marina e Ulay 1980

Museo de arte Reina Sofía
Foron doce anos moi fructíferos, dunha simbiose perfecta, pero con épocas duras nas que case que non tiñan para comer. Parte dese tempo, concretamente cinco anos, viviron viaxando nunca furgoneta e ían facendo os traballos que xurdían polo camiño a cambio de comida, simplemente para sobrevivir.

Para escenificar o seu amor planificaron unha das súas maiores obras: The Lovers. A idea era percorrer en solitario os 2.500 kilómetros da Gran Muralla China, cada un dende un extremo, él dende o deserto de Gobi e ella dende o Mar Amarelo e prometerse no lugar de encontro.
Pero nos oito anos que tardaron en obter os permisos das autoridades chinesas, a relación, parece ser que por infidelidades e rivalidade profesional, esgotouse, así que no lugar no que se atoparon logo de camiñar tres meses, en vez de prometerse amor, fundíronse nunha loga aperta para despedirse e dar por rematada a relación.
A partires dese momento, seguiron as súas carreiras por separado, pero con moito máis éxito para Marina. Segundo o propio Ulay, pola ambición dela e a vagancia del.
Pasados 23 anos, en 2010, o MOMA celebrou unha retrospectiva de Marina Abramovic, The artist is present. Alí mostráronse parte das súas biografías, os vídeos de todas as performances e ata a furgoneta.

Fotografía de Jonathan Muzikar
Ao longo dos tres meses que durou a exposición, Marina permaneceu oito horas diarias ininterumpidas sentada nun extremo dunha mesa (ata foi instalado un vater oculto na cadeira); ao outro lado da mesa outra cadeira esperaba aos visitantes que se quixeran sentar. Tratábase de soster a mirada, sin prisa e en silencio. Pasaron pola exposición 850.000 persoas, moitas das cales non dudaron en pasar polo experimento.
Unha desas persoas foi Ulay. Preparado ou non, este foi o seu encontro.
Ulay, enfermo de cancro linfático, faleceu o 2 de marzo de 2020.
Posteriormente publicouse o documental “No predicted end ” que tiñan grabado en agosto de 2018 cando se cumplían os 30 anos despois da súa aperta na Muralla Chinesa, no que os dous, fronte a fronte, fixeron repaso das súas vidas e obras xuntos, coas súas luces e sombras.
Ao final dese documental, Marina, collendo as mans a un Ulay xa enfermo, dille:
“Nunca esquecerei aquel momento no MOMA en que me saltei as normas, e eu xamais salto as normas, pero en aquel momento o fixen porque ti non eras un visitante calquera, ti fuches a miña vida”.

Selo Blanco Blanco
Profesora de dibujo
Selo Blanco Blanco. Nace en Chantada el 28 de mayo de 1961. Dos años después su familia se traslada a Vigo, donde reside hasta 1989. Arquitecto por la E.T.S.A de La Coruña. Ejerce como profesora de Dibujo en el IES Valle Inclán de Pontevedra desde el año 1996 hasta la actualidad.
máis artigos
Actividades culturais do 28 de abril ao 4 de Maio por Ana Santos
by Ana | Abril 27, 2025 | Actividades | 0 Comments
Actividades culturais do 21 ao 27 de Abril por Ana Santos
by Ana | Abril 20, 2025 | Actividades | 0 Comments
Actividades culturais do 14 ao 20 de abril 2025 por Ana Santos
by Ana | Abril 13, 2025 | Actividades | 0 Comments
Actividades Culturais do 7 ao 13 de Abril por Ana Santos
by Ana | Abril 6, 2025 | Actividades | 0 Comments
Actividades do 31 de Marzo ao 6 de Abril por Ana Santos
by Ana | Marzo 30, 2025 | Actividades | 0 Comments
Actividades culturais do 24 ao 30 de marzo por Ana Santos Solla
by Ana | Marzo 23, 2025 | Actividades | 0 Comments
Ana Carretón Guada por Ana Santos Solla
by Ana | Febreiro 2, 2025 | Historias de vida | 0 Comments
José María Fernández Vázquez por Ana Santos
by Ana | Decembro 1, 2024 | Historias de vida | 0 Comments
Olga Martínez López por Ana Santos Solla
by Ana | Outubro 27, 2024 | Historias de vida | 1 Comment
Luisa Pan Martínez por Ana Santos Solla
by Ana | Setembro 22, 2024 | Historias de vida | 0 Comments
Anxo da Ferreira por Ana Santos Solla
by Ana | Xuño 23, 2024 | Historias de vida | 0 Comments
Marigel Pérez García por Ana Santos Solla
by Ana | Maio 5, 2024 | Historias de vida | 0 Comments
Barbeiro de sábado de Castelao por Xosé Antonio Pérez Graña
by Xose Antonio Pérez Graña | Abril 27, 2025 | Literarias | 0 Comments
A Peneda Cabezuda luguesa por Anxo González Guerra
by Colaborador | Abril 27, 2025 | Articulos | 0 Comments
Un rapaz que sería quen… de Castelao por Marcos Seixo
by Marcos Seixo | Abril 20, 2025 | Literarias | 0 Comments
Terra prometida por Isidro Cortizo del Río
by Isidro | Abril 20, 2025 | Artísticas | 0 Comments