Os despoxos da vida

Palabras imperfectas construíndo pensamentos    desencaixados que xermolan entre os silencios rotos              coa voz quebrada da alma.

Versos inacabados que

convidan a reflexionar

pensamentos desencaixados

que xermolan entre  silencios

para abrir conciencias

Os despoxos da vida que se queiman
quedando en cinzas grises que non voan.

As verdades agochadas nas mentiras
que só fan dano ao que as contan.

Espiñas que se cravan na gorxa
para matar a voz descontenta que non cala.

O destiño que non para no camiño
e non ten hora de chegada.

O perdón dos pecados que limpa a conciencia
para volver a pecar de novo.

Os que din falar en nome doutros
sen preguntar o que pensan.

Os que loitan xa vencidos
e se senten derrotados sen esperanzas.

O alento contaminado que se respira
entre enganos que teñen présa.

Os corruptos que se agochan
disfrazados de decencia
e sabendo quenes son, ergueseñe a cabeza.

Os que creen que os cartos o compran todo
e conseguen o respecto co medo.

A desconfianza que nos queda
da xustiza que se fai inxusta.

Os anoxos sen sentido que che danan
e marchan doridos sen palabras.

As baguas amargas que se beben
e afóganse de tristura.

As miradas que espertan na noite
coa luz dos ollos que se dormen.

Os murmurios vacíos que danan
para tapar as miserias que gardan.

Os abusos do pasado que nos fixeron inseguros.

As promesas que se esquécen
e alteran nosa sangue.

Os berros da xente
manifestándose nas rúas.

O nón que quere decir nón, e sempre será nón.

As inxustizas que nos fan màis solidarios.

E a Poesía que xamais se esconde
e sempre amosa o seu rostro
aínda que sexa coa voz quebrada.

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥