Secar ou curar congro é unha actividade artesanal que permite a conservación deste peixe branco seguindo unha tradición ancestral que posiblemente se remonta á Idade Media e, máis probablemente, ao Renacemento (séculos XV e XVI). É cando aparecen documentados os primeiros intercambios dunha economía de troco entre algúns portos galegos e diferentes vilas de Cataluña, Aragón e Castela, rexións -ou comunidades autónomas- demandantes do produto, as mesmas zonas que hoxe seguen importando o congro curado, elaborado en Muxía.

porto Muxía

Porto pesqueiro de Muxía (A Coruña)

cabrias

Cabrias para o secado natural do congro (Secadero de Miguel Diz)

A mediados do século pasado, a transformación do congro fresco en congro curado ou secado desapareceu como actividade dos portos galegos, agás no de Muxía, que converteu esta industria nun signo identitario da súa economía máis tradicional.

Desde entón, os seus secadoiros son os últimos exemplos desta modalidade en Europa e configuran, cos seus rexos varais entrecruzados de madeira, que forman unha estrutura ortogonal e xeométrica, unha paisaxe arquitectónica aérea e transparente (as cabrias), malia que, nos últimos anos, a súa escenografía máis complexa, en diferentes pisos, decrecese polo menor volume de traballo.

Cabrias baleiras

Cabrias baleiras de congro

caseta

Caseto de traballo. Estado actual

Seguindo o procedemento tradicional e secular, que é o que aínda se utiliza na actualidade no secadoiro da Pedriña, da empresa familiar Miguel Diz, anteriormente José Castro ou Herdeiros de José Castro –a única que se esforzou, aínda en contra dunha maior rendibilidade económica, por facer permanente os vellos usos da tradición-, o congro sométese a diferentes procesos na súa preparación:

O primeiro é o esmonifado ou esmunifado, que consiste en abrirlle a cabeza cunha machada encol dun cepo baixo.

Cepo

Cepo de esmunifado

A continuación, e nunha táboa inclinada, á altura do van, realízase o lañado, que esixe a utilización dunha poda de contorno curvo, coa cal se abre o peixe lonxitudinalmente para extraerlle as magas e o lombo cárnico.

Lañado
lañado2

Lañado do Congro

lañado3

Con posterioridade, e facendo uso dun coitelo moi ben afiado de considerables dimensións, procédese ao furado (agujereado no orixinal), acción que permitirá un secado máis san e intenso.

agujereado

Furado do congro

lavado, agujereado e lañado

Lañado, furado e lavado do congro

A partir de aí, o congro sofre un minucioso lavado, ben facendo uso da auga do mar, aproveitando as ondas dos cantís próximos, ou ben fregándoo en grandes cubetas ou pilóns. A tradición esixiría sempre o primeiro procedemento, en tanto que os procesos de lavado intenso e hixiénico que conleva ter restras de congros atados, sometidos ao intenso vaivén da ondada, durante un tempo prudencial, supoñen unha limpeza non só natural, senón tamén un ritual depurativo, imposible de conseguir nos pilóns. Un proceso que fai gañar calidade ao produto, aínda que supón, como explicabamos anteriormente, unha maior perda de tempo e, no seu momento, maior cantidade de persoal para executar esta faena.

lavado

Lavado do congro en pilón

Unha vez finalizado o citado ritual do lavado marítimo, o congro pasa a unhas mesas, próximas ás cabrias, para envaralo, é dicir, para introducirlle unha vara na parte superior do tecido cárnico, aproveitando os buracos desa parte, co fin de obter a súa rixidez e un mellor secado ou curado, suxeitando o extremo da devandita vara ao peixe mediante uns sinxelos e finos cordeis (función do atado).

Envarado 1
Envarado 2

Envarado do congro e preparado para ser colgado nas cabrias

Envarado 3

Finalmente o congro cólgase nas cabrias (colgado) e, despois dunha ou dúas semanas, dependendo da climatoloxía –en particular do tipo de vento e do sol, buscando sempre a bonanza do Nordeste- estará listo para o proceso de enfardado nunha prensa e a embalaxe ulterior con fío e tea de saco, listo xa para a exportación.

cabrias

Congro colgado nas cabrias

Secado

Congro en proceso de secado

Os secadoiros de congro de Muxía constitúen, na actualidade, o último signo dunha economía viva que se nutre dunha tradición secular, pero tamén son o símbolo dunha profunda riqueza etnográfica que une pasado, presente e futuro na sorprendente escenografía estética das cabrias, cuxos varais perfilan os límites entre o horizonte, o ceo e o mar.

É de subliñar que o único secadoiro de congro que segue os procedementos clásicos de curado e secado, na actualidade, é o da empresa familiar Juan Diz Martínez e o seu neto Miguel Diz. Estes procedementos son apreciados e postos en valor polos expertos en congro curado, netamente polos comerciais de Calatayud, que seguen a tradición ancestral ou secular dos seus predecesores, importando desde Muxía o groso do volume da produción anual dos seus secadoiros, que posteriormente distribúen pola xeografía española e a algún dos países europeos.

O descrito traballo artesanal marca unha diferenza de calidade no produto e reflíctese no prezo final do mesmo, cuxo valor en quilo aumenta fronte a recentes modus operandi nos que o secado ou curado se logra con medios artificiais, alleos á tradición.

Xosé Antón Castro Fernández

Xosé Antón Castro Fernández

Profesor de Arte contemporánea

Doctor en Historia del Arte por la Universidad Complutense de Madrid.   Licenciaturas de Filosofía y Letras –Historia del Arte– y de Historia (Especialidad de Arqueología) por la Universidad de Santiago de Compostela y Literatura Francesa en La Sorbona (Paris).  Cursos de arte contemporáneo en Lausanne, Barcelona, New York, Madrid y Paris. Miembro del AICA-France (Asociación Internacional de Críticos de Arte, de Paris).

Ha sido profesor de Arte Contemporáneo, profesor visitante o impartido másters y cursos en diferentes facultades universitarias –Bellas Artes y Ciencias Sociales de la Universidad de Vigo, Instituto Superior de Arte de La Habana, Queensborough Community College. The City University of New York, Bellas Artes de Salamanca, Università degli Studi de Milano …-   y anteriormente en París, donde vivió la década de los ochenta.

Ha sido Director del Instituto Cervantes de Milán (2004-2008) y del IPCE (Instituto del Patrimonio Cultural de España) del Ministerio de Cultura (2008-2010).

Hasta este año 2022 fue Catedrático de Arte Actual de la Facultad de Bellas Artes de Pontevedra de la Universidad de Vigo.

A illa de Esculturas de Pontevedra, a natureza como un poema

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥