OUTONO

Fundirse no outono de canela

de ocres

e roxos

nas fragas maxestosas

Esvaerse na luz avelaíña

do anuncio do ocaso

E nas súas tardes breves

revivir coa raxeira cobizada

no transo sereno

da morte do estío.

Charo Valcárcel

Outono
Manuel Hermida Rivas

Manuel Hermida Rivas

Fotógrafo

Manuel naceu en Verducido no ano 1953, encántalle a fotografía e sempre vai acompañado pola sua cámara.

Historia de vida – Blog

Bolboreta

Charo Valcárcel Mato

Charo Valcárcel Mato

Profesora de Filoloxía Galega

Eu son Charo Valcárcel. Nacín nunha pequena freguesía da Estrada (Sta. Cristina de Vinseiro) hai 60 anos, pero xa levo trinta e cinco vivindo en Pontevedra, case tantos como os que traballei no IES Valle Inclán (trinta e dous), toda unha vida…

Estudei Filoloxía Hispánica, aínda que me presentei e aprobei as oposicións para profesora de Lingua galega e sempre exercín como tal, do cal me sinto e sentirei sempre moi orgullosa.

Agardo que as miñas contribucións no blog devellabella sexan merecedoras do voso beneplácito ou, polo menos, non do voso desgusto.

 

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥