Porcións
12
Listo en:
60′
Ideal para:
Primeiro prato
Elaboración: Ana Santos
Ingredientes
- 1Kg de espinacas
- 500 gr masa follada
- 1 ½ cebolas
- 3, 4 dientes de allo
- 5 ovos(dous cocidos e dous naturailes)+ 1 para pintar
- 200 gr queixo en lonchas
- 200 gr xamón serrano
- 1 paquete de queixo rallado
- Aceite e sal
Etapas da receita:
Nunha tixola con aceite se pochan os allos e a cebola picaditos. Á parte cócense as espinacas e dous ovos. Escórrense as espinacas e engádense ao sofritido, dándolle un par de voltas, bátense dous ovos e engádeselle o queixo relado. Engádeselle á mestura anterior, revólvese ben e apártase do lume. Estiras o follado e poñes nun molde, encima bótaslle a preparación de espinacas, curtas os ovos cocidos en círculose posllos encima, logo o queixo e o xamón serrano, tapas con masa e faslle un buraco no centro para que respire, adórnase con tiras de masa e píntase con ovo batido. Quentar o forno a 200º 10 minutos, logo metelo sobre 20 minutos ou media hora



Ana Santos Solla
Profesora de E.F.
Son Ana Santos, nacín en Pontevedra no ano 1960, a miña infancia estivo moi ligada a Santa María de Xeve, a terra da miña nai, son a terceira de 8 irmáns, a maior das mozas, a máis vella como me dicían de pequena. Sempre me gustou o deporte e estudei INEF en Madrid, estiven 34 anos no IES Valle Inclán impartindo Educación Física alí foi onde coñecín ao resto dos meus compañeiros que agora me acompañan neste proxecto. Decidín xubilarme para dar un novo rumbo á miña vida e levar a cabo este tipo de iniciativas como @devellabella ue pretende que o envellecemento activo convértase en embelecemento persoal e poder achegar a miña experiencia nesta etapa da vida.
Nós os maiores aínda temos moita guerra que dar, espero que este blogue motívevos a querer colaborar connosco.
máis artigos
♥♥♥ síguenos ♥♥♥