Porcións

8

Listo en:

Catro horas

Ideal para:

Prato único

Elaboración: Olga

Ingredientes

  • Ingredientes para o polo:

    750 gr de polo

    3 o 4 cebolas grandes cortadas en xuliana

    Un feixe de cilantro

    1 feixe de perexil

    Unha culler de azucre

    ½  culler de pementa negra moída

    Unha culler de xenxibre

    Unha culler de cúrcuma

    ½  culler de noz moscada

    Un sobre de azafrán en rama

    Unha culler de canela moída

    2 pastillas de caldo de polo

    6 ovos grandes

    3 o 4 cl de aceite de oliva

  • Ingredientes para o mazapán:

    400 gr de améndoas crudas e peladas

    90 gr de azucre

    Unha culler de canela en po

    Dúas culleres de auga de azahar

    Unha culler de auga

    Aceite de xirasol para fritir

    Ingredientes para o hojaldre

    Pasta filo

    300 gr de manteiga

    2 xemas

Preparación:

Poñer nunha pota grande o aceite a quentar engadimos as cebolas en xuliana e por riba engadimos as especies unha a unha. Rehogamos remexendo todo moi ben durante 5 minutos que lle engadimos o polo troceado en pedazos grandes. De novo rehogamos e tapamos a pota deixando cocer durante 5 minutos, destapamos e cando o polo estea ben impregnado en toda a salsa engadimos cuarto litro de auga e las dos pastillas de caldo desfeitas coas mans. De novo remexer ben e deixar que se faga o polo entre 30 a 45 minutos.

Mentres tanto nunha tixola bótase aceite de xirasol para ter todas as améndoas cubertas e se friten sen deixar de remexer. Unha vez fritas colócanse nun papel de cociña para que absorba o aceite. Destas améndoas sepáranse 10 o 12 para a decoración final. Unha vez frías pícanse groseiramente na picadora con azucre, logo engadimos a canela e a auga de azahar. Colócase nun bol e reservase.

Unha vez o polo cocido sacase da pota e ponse nunha peneira para que escorra. O importante é que a salsa que quede na pota apenas teña auga, si está caldosa destapar e subir o lume para evaporar a auga. A continuación engadimos 3 ovos e se remexen ata que callen, logo os 3 seguintes tamén ata que callen remexendo. Cuando xa estea pasase a un bol e resérvase. O polo desmigado tamén se reserva.

Temos a manteiga derretida, o molde preparado e o paquete de pasta filo aberto e tapado cun pano húmido para que non seque.

Engraxamos o molde con manteiga, poñemos 2 follas de pasta filo no fondo dobradas en dous e pincélanse con manteiga, esta operación repítese 3 veces. A continuación colócanse 4 follas de pasta filo abertas, pero que quede a metade dentro do molde e o resto fora, sempre untadas antes e despois con manteiga sobretodo as esquinas. Engádese a metade das améndoas e exténdense ben, cóbrense con dúas follas de pasta filo ben embadurnadas de manteiga, poñemos a metade da cebola cos ovos revoltos e tapamos con outras dúas capas de pasta filo, para rematar co polo desmigado e tápase con outras dúas follas, volvemos a repetir a operación coas outras metades.

Vanse recollendo as esquinas da pasta e péganse con manteiga, non pasa nada se rompen. Unha vez recollidas e ben pegadas con manteiga, póñense outras dúas follas remetendo para dentro e pintase coas xemas de ovo bañando toda a pastela.

Quentamos o forno a 180º sen ventilador, metémolo no medio e a deixamos de 20 a 25 minutos ata que teña un bonito color dourado.

Unha vez fora do forno espolvoréase con azucre en po coa axuda dunha peneira e adórnase con tirillas de canela e coas améndoas que deixamos reservadas

Ingredientes pastilla
pastilla
Olga

Olga

Olga naceu en Tánger e leva máis de media vida en Pontevedra, encántalle cociñar e facer bolsos de ganchillo

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥