por Amancio Castro –
Pegadas do Outono nos chanzos dunha das entradas ao Cafetín da Alameda do Arquitecto Sesmeros:
Follas das dúas especies de Tilleiras cercanas: a Tilia platyphyllos Scop. (gal.: tileira de folla grande ou tilleira; cast.: tilo de hojas anchas, tilo común, tilo de Holanda) e a Tilia tomentosa Moench. (gal.: tileiro prateado; cast.: tilo plateado, tilo húngaro)
Datos técnicos da foto:
Cámara.- Panasonic DCM – FX-35
f/2,8; v 1/30; ISO 200; flax de recheo da cámara.
Amancio Castro

Amancio Castro
Fotógrafo
Nacín na zona vella de Pontevedra, nunha familia onde se potenciaban os valores referentes ao respecto polo mundo natural e ás artes por diante dos temas materiais.
Tremendamente curioso dende neno pola natureza estudei para mestre especializándome en ciencias naturais.
Dende 1980 fun percorrendo toda Galicia e zonas limítrofes coa Sociedade Galega de Xeografía fotografando a natureza para ter material de apoio para o estudo dos ecosistemas e formacións xeo-morfolóxicas, materiais que utilizaba para as miñas clases e que figuran en libros de texto e guías didácticas que fun publicando con varios autores.
A partir de 1990 funme especializando na fotografía científica, macro de plantas e fungos de menos de 2mm que saen publicadas nos artigos científicos do micólogo Jaime Blanco Dios co que sigo a colaborar na actualidade.
máis artigos
♥♥♥ síguenos ♥♥♥