Pescadoira
A dimensión do horizonte.
o miúdo.
o intranscendente,
a mancha de piche no pé…
E só navego na voz con que dis o meu nome.
O sarillo das cousas que pasan,
as tarefas,
os medos,
o recendo a mazá dos armarios,
o equilibrio de andar…
E só navego na voz con que dis o meu nome.
As sombras que proxectan os soños,
o movemento dos corpos,
o ruído de vivir,
a herba medrada…
E só navego na voz con que dis o meu nome.
O roce do aire nas palabras,
o brillo dos ollos,
a anatomía das mans,
as esperas,
o gris enmarcado na xanela…
E só navego na voz con que dis o meu nome.
O momento preciso,
os xogos de zafar,
as demandas,
o lugar que habitamos,
a equipaxe melancólica das viaxes…
E só navego na voz con que dis o meu nome.
A biblioteca ordenada por data de compra,
a biografía inacabada de ler,
o probador dos segredos,
as dúbidas e os prantos,
os corredores escurísimos…
E só navego na voz con que dis o meu nome.
As imaxes desenfocadas,
as máscaras,
a rotundidade do berro,
a peaxe de obedecer,
as voltas atrás,
as renuncias…
E só navego na voz con que dis o meu nome.
A luz con que nos agasalla a noite,
o peteiro do corvo,
o relevo dunha tatuaxe,
os nichos sen nome,
o recado…
E só navego na voz con que dis o meu nome.
O alento entrecortado,
o cansazo e a fatiga,
as fendas,
o feito de recuar,
o inicio…
E só navego na voz con que dis o meu nome.
máis artigos
Actividades culturais do 13 ao 19 de Abril por Ana Santos
by Ana | Abril 12, 2026 | Actividades | 2 Comments
Actividades culturais do 6 ao 12 de abril por Ana Santos
by Ana | Abril 5, 2026 | Actividades | 0 Comments
Actividades Culturais do 23 ao 29 de Marzo 2026 por Ana Santos
by Ana | Marzo 22, 2026 | Actividades | 0 Comments
Actividades culturais do 16 ao 22 de marzo por Ana Santos
by Ana | Marzo 15, 2026 | Actividades | 0 Comments
Actividades culturais do 9 ao 15 de marzo por Ana Santos
by Ana | Marzo 8, 2026 | Actividades | 0 Comments
Actividades culturais do 2 ao 8 de Marzo por Ana Santos
by Ana | Marzo 1, 2026 | Actividades | 0 Comments
Lola Fontán Fernández-a Xenxa- por Ana Santos
by Ana | Decembro 16, 2025 | Historias de vida | 0 Comments
Piruca Baena Solla por Ana Santos Solla
by Ana | Setembro 21, 2025 | Historias de vida | 2 Comments
Ana Carretón Guada por Ana Santos Solla
by Ana | Febreiro 2, 2025 | Historias de vida | 0 Comments
José María Fernández Vázquez por Ana Santos
by Ana | Decembro 1, 2024 | Historias de vida | 0 Comments
Olga Martínez López por Ana Santos Solla
by Ana | Outubro 27, 2024 | Historias de vida | 2 Comments
Luisa Pan Martínez por Ana Santos Solla
by Ana | Setembro 22, 2024 | Historias de vida | 0 Comments
Boa Vila, Boa Compra polo Concello de Pontevedra
by Ana | Abril 15, 2026 | Artísticas | 0 Comments
A suma de dous mundos de Adriana de Vargas e Joan García
by Colaborador | Abril 12, 2026 | Bienestar | 0 Comments
Un canto al arpa por Marina Filgueira
by Colaborador | Abril 12, 2026 | Articulos | 0 Comments
Infalible por Xosé Manuel Gulías Márquez
by Colaborador | Abril 5, 2026 | Literarias | 0 Comments
Desahuciaperros por José Luis Vázquez
by Colaborador | Marzo 29, 2026 | Articulos | 0 Comments