Porcións
4
Listo en:
30 minutos
Ideal para:
Primeiro prato
Elaboración: Ana Santos
Ingredientes
- Unha piña
- 500 gr de gambas
- Unha leituga
- Salsa rosa
Faise:
Vaciamos a piña cun coitelo e coa axuda dunha culler, troceamos a carne da piña.
Deixamos a piña boca abaixo para que escurra
Cocemos as gambas e troceámolas
Picamos a leituga
Facemos a salsa rosa con maionesa, salsa de tomate e un pouco de brandy
Recheamos a piña adornando con gambas o con pemento de piquillo
Ana Santos Solla
Profesora de E.F.
Son Ana Santos, nacín en Pontevedra no ano 1960, a miña infancia estivo moi ligada a Santa María de Xeve, a terra da miña nai, son a terceira de 8 irmáns, a maior das mozas, a máis vella como me dicían de pequena. Sempre me gustou o deporte e estudei INEF en Madrid, estiven 34 anos no IES Valle Inclán impartindo Educación Física alí foi onde coñecín ao resto dos meus compañeiros que agora me acompañan neste proxecto. Decidín xubilarme para dar un novo rumbo á miña vida e levar a cabo este tipo de iniciativas como @devellabella ue pretende que o envellecemento activo convértase en embelecemento persoal e poder achegar a miña experiencia nesta etapa da vida.
Nós os maiores aínda temos moita guerra que dar, espero que este blogue motívevos a querer colaborar connosco.
máis artigos
♥♥♥ síguenos ♥♥♥