por Antonio Lois Pérez
“Falando cos meus fantasmas”
Cando fun á miña aldea
achegueime ó meu lugar.
Había moito silencio
e ninguén con quén falar ;
pero falei coas lembranzas,
lembranzas de tempo atrás;
empregando a linguaxe,
a linguaxe do pensar.
Esa linguaxe profunda
que se fala sen falar.
Faleiche cos meus fantasmas,
fantasmas dó meu lugar.
Escoitei ás suas palabras
e fixeronme chorar.
Eran daquelas palabras
que se entenden sen falar.
¡Palabras dunhas lembranzas,
fantasmas dó meu lugar!
Antonio Lois Pérez

Antonio Lois Pérez
Poeta
Nacín un día 4 do mes de xaneiro, ano 1948, no lugar do Castro de Mourelos, parroquia de Mourelos (Saviñao – Lugo).
Son economista e técnico en tintes, estampación e acabados téxtiles.
Actualmente vivo en Barcelona.
Gústame escribir poesía en galego do pobo, o galego dos meus pais, que é o galego que amo; non en galego ilustrado!
Participei en tres libros de poesía (Poetas do Reencontro, Caminhos da Poesía e Raia Luso Española), así coma na revista Xistral do Concello de Lugo.
Non hai moito máis que contar de unha vida moi vulgar!
Son do Castro de Mourelos;
onde mellor se ve o Miño,
onde mellor se ve o ceo;
onde, ulindo ó seu vento,
eu xa sei se vai chover.
¡Que pena que non estén
aqueles que eu amei;
que pena que xa non vexa
o Castro que eu deixei!
A pesar de todo eso;
ou pode sexa por eso,
do Castro sempre serei
máis artigos
♥♥♥ síguenos ♥♥♥
Trackbacks/Pingbacks