Nun onte que non chegou a ser hoxe,
nadaba, espido e sorrindo, polo zume
salgado das árbores que medran
nos soños dunha tarde en bicicleta,
houbera mareas de chuvia pola mañá
e a calor das voces celebrábano,
durante semanas non caera
unha pinga do ceo,
eu era, de xeito consciente,
tan variable como o tempo:
escuro, metamórfico, invisible, sonoro,
ollábanme de lonxe e saudábanme
con cordialidade adestrada de timidez compartida,
se chegara a perder as tarxetas de creto
ou as chaves, se incumprira unha cita
ou dixera o que pensaba,
non sería outro,
ocuparía o mesmo lugar na fila,
andaría baixo corda, de cadeira en cadeira,
como ese xogo en roda que sempre leva
ao mesmo sitio: a única maneira definida de ser
é obedecer, sentir como a chuvia empapa
os ollos de bágoas, estartelar con mirada
desenfocada á xente que pasa,
sen deixar de estar aí,
apreixado por corpos que esmagan
a caixa torácica do berro,
non sucedeu onte nin mañá,
está sucedendo agora mesmo,
o lume arde no facho e as noites
cabalgan no lombo de estar á espreita,
aquí, neste sitio, sempre no mesmo sitio,
na transparencia incorpórea de ollarme.

Xaime Domínguez Toxo
Escritor
Bueu, 11 de Novembro de 1955.
Licenciado en Filosofía e Ciencias da Educación.
Presidente do Ateneo de Pontevedra dende o ano 2007.
Ten publicado na editorial Xerais o libro de relatos AS PALABRAS QUE MOVE O MAR, polo servizo de publicacións da Deputación de Pontevedra conxuntamente co artista Antón Sobral ten publicado o CADERNO DE MAR, na editorial Ancoradouro o libro de relatos PROTEXER O INVISIBLE, na editorial Laiovento o poemario A CASA SEN NÓS. Conta no seu haber con distintos relatos e poemas publicados en libros colectivos, revistas e xornais.
Premios:
- Premio Primeiro Certame Literario “O xadrez faise palabra” da ONCE, Madrid, ano 2000, co relato Escuro é o rostro da memoria.
- Accésit do Premio Modesto R. Figueiredo no 2002.
- Primeiro premio do Certame de relatos do Concello de Paradela no 2002.
- Primeiro premio do Certame Manuel Murguía de narracións breves no 2004.
- Accésit do Premio Modesto R. Figueiredo no 2011, por Eco da afasia.
- Accésit no Certame Manuel Murguía de narracións breves do ano 2011 polo relato Unha viaxe de inverno.
Pedagogo e mestre especialista en Cegueira e Baixa Visión. Forma parte do Equipo de Intervención Pedagóxica en Cegueira, Baixa Visión e Orientación Escolar da O.N.C.E. na provincia de Pontevedra.
máis artigos
Actividades do 29 de maio ao 4 de xuño 2023
by Ana | Maio 28, 2023 | Actividades | 0 Comments
Actividades do 22 ao 28 de Maio 2023 por Ana
by Ana | Maio 21, 2023 | Actividades | 0 Comments
Actividades do 15 ao 21 de Maio 2023 por Ana
by Ana | Maio 14, 2023 | Actividades | 0 Comments
Actividades do 1 ao 7 de Maio 2023 por Ana
by Ana | Abril 28, 2023 | Actividades | 0 Comments
Actividades do 24 ao 30 de abril 2023 por Ana
by Ana | Abril 23, 2023 | Actividades | 0 Comments
Juan Mejuto Pérez por Ana Santos Solla
by Ana | Abril 30, 2023 | Historias de vida | 0 Comments
Nieves Fernández Barrio por Ana Santos Solla
by Ana | Abril 16, 2023 | Historias de vida | 0 Comments
Rafael Sánchez-Agustino “Fis” por Ana Santos
by Ana | Marzo 10, 2023 | Historias de vida | 0 Comments
Juan Romero Ogando por Ana Santos
by Ana | Febreiro 12, 2023 | Historias de vida | 0 Comments
Marina de Sáa González por Ana Santos Solla
by Ana | Decembro 18, 2022 | Historias de vida | 0 Comments
Variacións Pérsicas (serie II): IIb. Sempre pasa por Ramón Caride
by Colaborador | Maio 28, 2023 | Literarias | 0 Comments
Horarios del mundo y España por Jesús Gayoso
by Colaborador | Maio 28, 2023 | Articulos | 0 Comments
Academia de pintura Tía Xuana por Ghislaine
by Ghislaine | Maio 28, 2023 | Artísticas | 0 Comments
Viaxe por España, 2ª parte por Manolo Gulias
by Colaborador | Maio 28, 2023 | Escapadas | 0 Comments