25 de abril en Portugal: 50 anos dun soño

Concedemos protagonismo ao colectivo pontevedrés “De vella a bella” para coñecer os intereses e preocupacións das persoas +60 da nosa cidade.

Hoxe visítanos Charo Valcárcel en compañía de tres persoas que levan anos organizando eventos para recitar e compartir poesía en Pontevedra e no Grove: Ana Corzo, Queco Fresco e Benito Piñeiro.

onda cero poesia
Charo Valcárcel Mato

Charo Valcárcel Mato

Profesora de Filoloxía Galega

Nacín nunha pequena freguesía da Estrada (Sta. Cristina de Vinseiro) hai 60 anos, pero xa levo trinta e cinco vivindo en Pontevedra, case tantos como os que traballei no IES Valle Inclán (trinta e dous), toda unha vida…

Estudei Filoloxía Hispánica, aínda que me presentei e aprobei as oposicións para profesora de Lingua galega e sempre exercín como tal, do cal me sinto e sentirei sempre moi orgullosa.

Formamos parte dun grupo de teatro de profesores (en activo e xubilados) que naceu no 2005 no seo do Valle Inclán, Argallada, e que está esperando tempos mellores para retomar a súa actividade.

Agardo que as miñas contribucións no blog devellabella sexan merecedoras do voso beneplácito ou, polo menos, non do voso desgusto.

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥