Porcións

       8

Listo en:

50 minutos

Ideal para:

Primeiro prato 

Elaboración: Ana Santos

Ingredientes

  • 1 polbo de 1,500 g
  • 1 cebola
  • auga
  • patacas
  • aceite
  • pementón doce e picante
  • sal gorda

Etapas da receita: 

Despois de ter o polbo ao menos 10 días no conxelador para que abrande, cocémolo nunha ola en auga abundante con una cebola grande, metémolo tres veces na auga, esperamos a que ferva ….

A media cocción sacamos un pouco de auga para outra ola, botamos máis auga e sal para cocer as patacas e que queden coa cor vermella

Deixamos cocer o polbo durante aproximadamente 45 minutos, apagamos o lume e deixamos na ola durante dez minutos máis.

Sacamos e cortamos cunhas tesoiras, botamos sal grosa, pementón a gusto e aceite de oliva.

A patacas cocen aproximadamente 12 minutos, sacámolas e servimos

polbo cocido
pulpo con cachelos
Ana Santos Solla

Ana Santos Solla

Profesora de E.F.

Son Ana Santos, nacín en Pontevedra no ano 1960, a miña infancia estivo moi ligada a Santa María de Xeve, a terra da miña nai, son a terceira de 8 irmáns, a maior das mozas, a máis vella como me dicían de pequena. Sempre me gustou o deporte e estudei INEF en Madrid, estiven 34 anos no IES Valle Inclán impartindo Educación Física alí foi onde coñecín ao resto dos meus compañeiros que agora me acompañan neste proxecto. Decidín xubilarme para dar un novo rumbo á miña vida e levar a cabo este tipo de iniciativas como @devellabella ue pretende que o envellecemento activo convértase en embelecemento persoal e poder achegar a miña experiencia nesta etapa da vida.

Nós os maiores aínda temos moita guerra que dar, espero que este blogue motívevos a querer colaborar connosco.

Salmón en papillote

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥