PONTEVEDRA: RUEIRO RE(de)TALLADO
3. ARTURO SOUTO FEIJÓO
Unha placa no número 11 da rúa Michelena, na chamada “casa dos calzóns”, hoxe a piques de desaparecer, recordanos que nesa rúa naceu Arturo Souto Feijóo.
Naceu o 4 de xullo de 1902, fillo de Alfredo Souto Cuero, maxistrado e pintor, e de Pilar Feijóo Freire.
Con residencia en distintas cidades españolas por mor do traballo do pai, en 1916 matricúlase na Escola Industrial de Artes e Oficios e de Belas Artes de Sevilla.
E no 1920 ingresa, en Madrid, na Real Academia de Belas Artes de San Fernando. No 1925 realiza a súa primeira exposición individual na Casa de Galicia en Madrid, e no 1931 é becado pola Deputación de Pontevedra o que lle permite viaxar a París e visitar distintos museos europeos. Participa en diversas exposicións individuais e colectivas en Galicia e España, traspasando fronteiras ata Berlín, Copenhaguen e Londres.
En 1931 adhírese á Sociedade de Artistas Ibéricos, cos que asina o Manifesto dirixido á opinión pública e os poderes oficiais, na defensa da arte moderna e de vangarda. En 1934 accede, por oposición, ao Pensionado de pintura da Academia de Roma, onde permanece ata 1936.
A raíz do golpe de estado de 1936 ingresa na Alianza de Intelectuais Antifascistas e realiza unha intensa labor como ilustrador para revistas do goberno como Nova Cultura, e no 1937 participa no pavillón español da Exposición Universal de París, representando a Galicia. Ao remate da guerra, en 1940 exíliase a Nova Iorque, onde permanece ata 1942, cando se traslada a México.
Colección do Parlamento de Galicia
En México, continúa o seu labor artístico, e mantén relación con outros exiliados, entre eles, León Felipe, Luis Cernuda e Carlos Velo, cos que participa no desenvolvemento intelectual do país que tan xenerosamente acolleu a moitas e moitos grandes do exilio español. Ademais de continuar coa súa obra pictórica, pon en marcha a revista Vieiros, xunto con Luis Soto Fernández, Carlos Velo e Florencio Delgado Gurriarán, editada polo Padroado da Cultura Galega en México. Vieiros declárase como un espazo de pensamento galego e portugués, polo que emprega as dúas linguas nos seus catro exemplares publicados (1959-1968).
Revista Vieiros. Do arquivo do Consello da Cultura Galega
Regresou a España en 1962, onde realizou diversas exposicións en Vigo, Santiago, Madrid e Bilbao, pero tivo que regresar a México, onde falece dous anos despois, en 1964.
A súa obra permanece en importantes museos como o Museo Nacional Reina Sofía, o Museo d’Art de Catalunya, o Museo de Belas Artes de A Coruña e o Museo de Pontevedra. A cidade de Pontevedra púxolle o seu nome a unha praza en recoñecemento á súa arte.
A información para elaborar esta pequena reseña é emprestada do Consello da Cultura Galega, de artigos de prensa e de “La aportación decisiva de Arturo Souto a la plástica de Vieiros”, de Mª Victoria Carballo-Calero Ramos.

Peque González Novoa
Profesora
Son Peque González Nóvoa. Nacín en Pontevedra hai 63 anos, nunha familia das de aquela, “numerosa”. Estudiei Psicoloxía en Santiago e dediquei toda a miña vida laboral á docencia, no ensino público; nos primeiros anos como mestra de infantil e posteriormente como orientadora, ata que hai dous anos decidín pasar a esta etapa chamada xubilación.
No meu percorrido de vida acostumo a definirme como muller, mestra, nai e avoa, sen orde prevalente, por que considero que son os elementos que conforman quen son.
Achégome a este grupo de xente que tivo a boa idea de poñer en marcha este proxecto “De vella a bella” coa intención de aprender e poder aportar un micrograo de area. Neste contexto no que vivimos, e nesta situación de pandemia, creo que todo o que implique a activación das persoas, sexa cal sexa a súa idade, é positivo.
máis artigos
Actividades culturais do 9 ao 15 de Febreiro por Ana Santos
by Ana | Febreiro 8, 2026 | Actividades | 0 Comments
Actividades culturais do 2 ao 8 de febreiro por Ana Santos
by Ana | Febreiro 1, 2026 | Actividades | 0 Comments
Actividades culturais do 26 de xaneiro ao 1 de febreiro por Ana Santos
by Ana | Xaneiro 25, 2026 | Actividades | 0 Comments
Actividades culturais do 19 ao 25 de xaneiro 2026 por Ana Santos
by Ana | Xaneiro 18, 2026 | Actividades | 0 Comments
Actividades culturais do 12 ao 18 de Xaneiro por Ana Santos
by Ana | Xaneiro 11, 2026 | Actividades | 0 Comments
Ai que la ví bailar por Pilar Braga Crespo
by Colaborador | Febreiro 8, 2026 | Música | 0 Comments
Valse de Moscoso por Pilar Braga Crespo
by Colaborador | Xaneiro 18, 2026 | Música | 0 Comments
Lola Fontán Fernández-a Xenxa- por Ana Santos
by Ana | Decembro 16, 2025 | Historias de vida | 0 Comments
O Vira Vira por Pilar Braga Crespo
by Colaborador | Decembro 14, 2025 | Música | 0 Comments
Rosiña, Rosa, por Pilar Braga Crespo
by Colaborador | Novembro 16, 2025 | Música | 0 Comments
Muiñeira de Vilaredo por Pilar Braga Crespo
by Colaborador | Outubro 5, 2025 | Música | 0 Comments
Era Abril e chovía por Ramón Caride
by Colaborador | Febreiro 15, 2026 | Literarias | 0 Comments
O meniño co rabo no cu por José Manuel Gulías Márquez
by Colaborador | Febreiro 8, 2026 | Literarias | 0 Comments
Farolillos de cores por José Madrigal Mota
by Colaborador | Febreiro 8, 2026 | Fotográficas | 0 Comments
Orixe e antigüidade do idioma Galego por Pilar Freitas
by Pilar Freitas | Febreiro 1, 2026 | Etnografía | 0 Comments