O Premio que leva o nome de Otero Pedrayo é un premio honorífico que conceden dende 1977, co apoio da Xunta, as deputacións provinciais de Galicia, e recoñece a traxectoria de personalidades que contribuísen a fomentar a cultura galega.
No xurado están o presidente da Xunta de Galicia, os presidentes das catro deputacións, o presidente da Comisión de Cultura da Deputación que o convoca de forma rotatoria, o Conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia, un representante de cada unha das tres universidades galegas, un representante da RAG, outro do Instituto Padre Sarmiento, ademais de cinco persoas independentes designadas pola Xunta, de solvencia científica e literaria.
O premio instáurase para honrar a memoria do escritor ourensán, Ramón Otero Pedrayo (Ourense 1888-1976).
Vou tomar prestadas unhas verbas de Manuel Celso Garrido (1915-1960) que en 1947, cando Don Ramón Otero Pedrayo viaxa a América para impartir unha serie de conferencias, escribiu un artigo en “A Nosa Terra”, co título de “Un fidalgo orensano” no que dicía: “Chega agora a Bós Aires un dos valores máis representativos da cultura galega: un dos millores fillos da Nosa Terra […] Eu presentaría a Otero Pedrayo ante calisquera xente d-este xeito. Sinalándoo co dedo: Ist-home qu-eiqui vedes, de figura ergueita e baril e porte señorial, é un fidalgo Orensano, que chega ó Novo Mundo en misión de cibdadanía, espallando arreo cultura, dinidá e simpatía”.
En Buenos Aires encóntraríase con Castelao. As experiencias desta viaxe contaraas logo no libro Polos vieiros da saudade.
Para comprobar a exactitude destas verbas de Celso Garrido vou traer aquí un resumo dos testamentos que Don Ramón foi redactando ao longo da súa vida e que nos falan da súa bonhomía e amor á terra e que quen queira pode revisalos no nº 218 da revista “Grial” no artigo de Patricia Arias Chachero “Os testamentos de Ramón Otero Pedrayo”.
Segundo Patricia Arias “a idade, a soidade e a ausencia de fillos xustifican, cando menos en parte, a notable cantidade de testamentos que redactou en vida”.
No ano 1935 Otero Pedrayo era o Presidente do Seminario de Estudos Galegos, institución creada no 1923 que tiña como obxectivo “o estudo de todas as manifestacións da cultura galega, tendendo á formación dos investigadores e á divulgación do resultado dos traballos“.
Nese ano, redacta con data de 27 de maio o su primeiro testamento:
“…Quero que meu corpo seña enterrado na terra nai e adourada de Galiza (…). Asimesmo os meus libros, papeis e orixinales literarios e dereitos sobre meus libros e pubricaciós, desexo que á miña morte pasen ao Seminario ficando miña viuda cos que lle gosten mais como lembranza, mais sempre en mínima parte. De non existir a institución do Seminario de Estudos Galegos pasan taes dereitos a entidade da cultura galega que o herde no espírito galeguista, ou de non haber ningunha á Facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Sant-Yago. (…) Miña vontade ao pensar no Seminario é que il ou no seu caso as outras entidás estabrezan en Trasalba unha Residenza de estudantes con adicazón a cultura galega ou non sendo isto posible orgaice un retiro ou refuxio para escritores galegos i-en lingoa galega e sentimento e fé galeguistas podendo tamen se acolleren os artistas da mesma inspirazón (…) Nomeo como albaceas a D. Vicente Martínez Risco e D. Florentino Cuevillas, veciños de Ourense…”.
Este testamento está redactado en galego e xunto ao orixinal consérvase na Fundación Penzol unha copia exacta traducida para o castelán e cunha nota de Otero que di “Es copia exacta del original gallego que acompaña y que hago por si algún Juez incomprensivo pone dificultades a la legalización de este testamento”.
En 1936 o SEG, tras trece anos de actividade, foi desmantelado polo novo réxime xurdido do 18 de xullo. En 1944 co patrimonio do SEG creouse o Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento dependente do CSIC.
No 1941 redacta o seu segundo testamento con data de 27 de agosto: “Si a mi muerte no existen ni mi madre ni mi esposa, dispongo que se cumpla mi voluntad expresada en los siguientes párrafos:
Instituyo por heredero universal sin perjuicio de los legados que siguen a la sociedad titulada “Seminario de Estudios Gallegos de Santiago” en el caso de que esta Institución haya sido restaurada en sus fines propios y genuinos pues en el momento de redactar ésta mi voluntad testamentaria está suspendida y virtualmente disuelta. Exijo como condición indispensable que sea la misma de la que he sido Presidente y con los mismos fines, y no otra semejante. En el caso de que a mi muerte no haya sido restaurada en la forma dicha dejo heredera a la Facultad de Filosofía y Letras de la Universidad Literaria de Santiago con la previa obligación de que con la venta de mi capital se sostenga en dicha Facultad una Cátedra de Lengua y Literatura Gallegas debiendo ser explicada por un profesor gallego sea o no profesor de la Universidad elegido por la Facultad asesorada por los tres siguientes: D. Jesús Carro García, Pbro de Santiago, D. Vicente Martínez Risco, profesor, de Orense y D. Fermín Bouza Brey, actualmente Juez de la Estrada. Debe explicarse por lo menos una lección semanal durante los meses del curso académico y en lo posible ajustarse a la renta de mi capital para el sostenimiento de tal enseñanza. En el caso de ser posible ordeno que en las casas de mi propiedad en Trasalba se establezca una residencia veraniega de estudiantes a los que se explique por lo menos dos veces a la semana la Lengua y Literatura Gallegas…
No 1958, xubílase don Ramón e morre o seu amigo Florentino López Cuevillas (1886 Ourense).
Con data de 22 de marzo, Otero Pedrayo escribe a Abelardo Moralejo:
“Mi querido y recordado amigo: Le envío con estas líneas mi primer saludo de jubilado devuelto al campo familiar. La primavera es compasiva para conmigo: me brinda generosas ilusiones de las de mi adolescencia. Con la sorpresa de las grandes horas desiertas de las mañanas aun no me duele la ausencia de la cátedra. Ya empiezo a sentirla. Fui muy feliz en esas aulas. Le ruego un saludo para los compañeros y si es Vd. tan amable otros, muy efusivos, para los estudiantes.
Tengo entre mis revueltos libros y papeles algunos volúmenes de la Biblioteca de la Facultad. Ya los reuniré y los llevaré en el primer viaje que haga a Santiago…”.
Con data de 2 de xaneiro deste ano da súa xubilación, redacta Otero Pedrayo testamento en Madrid: “Dejo por universal heredera a mi esposa Dª Mª Josefa Bustamante Muñoz; en el caso de sobrevivirla o de fallecer ambos en el mismo momento, dispongo que todos mis bienes y derechos, de cualquiera clase y condición pasen a la propiedad de “Galaxia S.A.” residente en Vigo y sean aplicados a fines propios de la cultura gallega en el sentido en que yo la defendí toda mi vida, con la excepción del terreno de mis propiedades de Trasalba llamado Souto da Eirexa que quiero pase a la Iglesia de Trasalba como diestro; y del Soto colindante y mas proximo al lugar de Cima de Vila que dejo a los vecinos de dicho lugar para que mancomunadamente lo usen de generación en generación como campo comunal sin cortar los árboles existentes. Nombro como testamentarios y cumplidores a mis amigos Don Domingo García Sabell y Don Ramón Piñeiro, vecinos de Santiago y D. Francisco Fz del Riego, de Vigo, rogándoles que conserven lo mejor posible la unidad del Patrimonio de mi herencia en forma de Residencia de estudiantes, artistas o labradores; y que en caso de desaparecer “Galaxia” apliquen mi herencia a la institución que la suceda en el rumbo de la cultura gallega…”.
No ano 2022 o Premio Otero Pedrayo recae por primeira vez nun científico desde que se instaurou en 1977 , sendo naquela ocasión Carlos Casares o premiado. O galardoado ese ano foi Anxo Carracedo (1955 Santa Comba), catedrático de Medicina Legal da Universidade de Santiago de Compostela, coordinador do Grupo de Medicina Xenómica e doutra decena de equipos de investigación, director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica, que depende do Sergas, e referencia neste campo a nivel internacional, sendo recoñecido como un dos mellores xenetistas a nivel internacional.

Anxo Carracedo recibindo o premio Otero Pedrayo no 2022
O profesor Carracedo ten aberto coas súas investigacións novas vías para a oncoloxía clínica ou a neuroxenética que axudaron a detectar e tratar enfermidades graves e afeccións de todo tipo. As súas principais áreas de traballo incluen a xenética do cancro, a farmacoxenómica e as enfermidades psiquiátricas en idade infantil.
Director do Instituto de Medicina Legal da USC dende 1994 – 2012, el e o seu equipo de colaboradores foron pioneiros na introdución de novas tecnoloxías para a identificación forense mediante o emprego da xenética molecular, técnicas que hoxe se seguen nos laboratorios de todo o mundo.
Ademais dos libros publicados, hai ensaios seus nas máis prestixiosas revistas internacionais.
Son moitos tamén os premios que recoñecen o seu labor entre eles a Medalla Galien ―o máis importante galardón en investigación farmacolóxica―, o Premio Rei Jaime I de Investigación Médica; Medalla de Ouro e Prata de Galicia, Medalla Castelao, a Medalla Adelaide –distinción máis importante a nivel mundial en Medicina Forense–… É tamén Doutor Honoris Causa por varias universidades de Europa e América.
Foi escollido padriño dalgunhas promocións da Licenciatura de Medicina pola súa grande proximidade ao alumnado, amosando sempre a súa xenerosidade para calquer labor cultural que teña que ver co noso.
Sen dúbida, o xurado, ademais das publicacións e dos premios, tivo que ter en conta o feito de que o doutor Carracedo siga o exemplo de Otero Pedrayo na súa misión de cidadanía, espallando arreo cultura, dignidade e simpatía.


Xulio Simón Rúa
Profesor de E.Física
Xulio naceu en Lugo en 1956
Foi profesor de Educacion física e a súa interese pola historia levoulle a crear a Xulipedia, explica como comezou todo “O que ían ser uns breves apuntamentos para o meu uso persoal (estudei Filoloxía Románica en Barcelona) pouco a pouco foron ampliándose coma unha especie de base de datos cronolóxicos das literaturas románicas peninsulares e tamén da literatura universal, incluíndo no referente a Galicia a “Gran Enciclopedia Galega”, “A Nosa Terra”, “Grial”, “Nós”, “O Tío Marcos”, “A Monteira”, “Os Dicionarios de Autores e de Publicacións Periódicas de Galaxia”, o “Diccionario de Escritores en Lingua Galega” de Fernández del Riego, a prensa galega en Cuba, “Céltiga” e “Lar”…
máis artigos
♥♥♥ síguenos ♥♥♥