Lingua irmá
Hoxe queremos presentarvos esta nova sección que é o resultado dunha idea que leva moito tempo bulindo nos nosos pensamentos e converténdose nun forte empeño que devecía por facerse realidade. Esa idea non é outra que a de facerlle xustiza á nosa lingua irmá, o portugués, deixar de darlle as costas a un idioma e unha cultura tan próxima á nosa, non só no seu evidente parentesco lingüístico, que será unha das principais cuestións que traballaremos, senón tamén para ocuparnos da súa cultura e tradición, da súa realidade, da que lamentablemente ignoramos tantas cousas.
É unha mágoa que Galiza e Portugal sexan entre si case dous descoñecidos, que saibamos tan pouco uns dos outros, con honrosas excepcións si, pero excepcións á fin e ao cabo. Non deberiamos vivir na ignorancia mutua, cando compartimos tanto.
Queremos comezar lembrando a orixe común das nosas linguas.
Invitávosvos a ver e escoitar o vídeo.
MENINA ESTÁS À JANELA
Menina estás à janela
com o teu cabelo à lua
não me vou daqui embora
sem levar uma prenda tua
Sem levar uma prenda tua
sem levar uma prenda dela
com o teu cabelo à lua
menina estás à janela
Os olhos requerem olhos
e os corações corações
e os meus requerem os teus
em todas as ocasiões
Menina estás à janela
com o teu cabelo à lua
não me vou daqui embora
sem levar uma prenda tua
Sem levar uma prenda tua
sem levar uma prenda dela
com o teu cabelo à lua
menina estás à janela
MENIÑA ESTÁS NA XANELA
Meniña estás na xanela
co teu cabelo á lúa
non me vou de aquí aínda
sen levar unha prenda túa
Sen levar unha prenda túa
sen levar unha prenda dela
co teu cabelo á lúa
meniña estás na xanela.
Os ollos requiren ollos
e os corazóns corazóns
e os meus requiren os teus
en todas as ocasións
Meniña estás na xanela
co teu cabelo á lúa
non me vou de aquí aínda
sen levar unha prenda túa
Sen levar unha prenda túa
sen levar unha prenda dela
co teu cabelo á lúa
menina estás na xanela

Manuel Lastra Galiano
Profesor de Galego
Son Manuel Lastra Galiano. Nacín hai case sesenta e un anos en Salcedo, ao lado de Pontevedra.
Sempre me gustou a literatura polo que decidín estudar Filoloxía e facerme profesor. O curso pasado puxen fin á miña etapa de docente despois de exercer durante trinta e sete anos, trinta deles no IES Valle Inclán desta cidade.
Penso que a xubilación non debe implicar o cese da vida activa. Ao contrario, agora podo dedicarme á realización de moitas actividades lúdicas e culturais que tiña aprazadas pola falta de tempo.
A publicación deste blog responde a esta ansia de manterme activo. Xunto cos meus compañeiros, espero que as propostas que vos fagamos sexan do voso agrado.
máis artigos
♥♥♥ síguenos ♥♥♥
Moi necesario o achegamento das duas linguas. Precisamos camiñar xuntos.
Estamos tan preto que é impensable que sexamos uns verdadeiros descoñecidos, imos remediar isto e que as línguas nos volvan unir.
Uma batalha na qual tenho o maior gosto de participar, fazendo o que está ao meu alcance.
Desde 2019 que reúno escritores das nossas línguas em obras abrangentes e a partilha é muito gratificante.
Foi graças à nova COLECTÂNEA 2021 CULTURA SEM FRONTEIRAS que conheci a grande poeta Charo Valcárcel e é por ela que aqui estou, rendida a tão bonito Projeto de união fraternal das nossas Línguas
Aplaudo com entusiasmo o vosso excelente trabalho.
Moitas gracias polas túas verbas, estamos entusiasmados de poder traballar xuntos.