Nesta ocasión Anxo González Guerra, o noso mestre famoso en Luar, ensínanos máis vocabulario cotián:

bom dia=bos días,

boa tarde=boas tardes,

boa noite=boas noites,

olá=ola,

sotaque=acento,

obrigado=grazas, muito obrigado=moitas grazas, obrigadíssimo=moitísimas grazas,

sim=si, pois=dacordo,

com licença=con permiso,

espantoso=bó, esquisito=raro,

feriado=festivo, greve=folga, folga=descanso,

feira=feira,mercado,

idoso=maior, terceira idade,

até breve=ata pronto, até já=ata agora,

adeus=adeus,

miúdo=cativo,

portanto=entón……

Agardamos que vos guste.

Anxo González Guerra

Anxo González Guerra

Profesor de Galego

Son Anxo González Guerra. Crieme entre Trasar de Carballo e a Cervela, lugares da montaña luguesa. No Seminario tiven de profesor ao mestre das etimoloxías Nicandro Ares, no Instituto a Alonso Montero, no Colexio Universitario a Anxo Tarrío e na Facultade de Filoloxía a Carvalho Calero. Terán algo que ver en que sexa un dos integrantes da 1ª promoción de Galego-Portugués?

De xaneiro de 1980 a abril de 2015 fun profesor de Lingua Galega e Literatura no IES Sánchez Cantón onde tiven alumnos e alumnas marabillosos. Desde 2005 Vitoria Ogando e mais eu fomos poñendo materiais na Internet: ogalego.eu. E seguimos de xubilados.

Alá na miña terra da infancia aos xubilados dáselles por traballar unha ribeira ou un morteiro. A min dáseme por cousas de lingua e literatura, alí onde queiran escoitarme. A cabeza non para, non convén estar ocioso.

Viaxar a Portugal

Annabel lee

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥