Coñecín a Loureiro, como lle chaman os amigos, por un amigo común. Compartimos viaxe e máis dun viño camiño a Faro Lariño, e na conversa descubrín que, ademais de pintor, foi médico e neto de quen foi un dos mellores amigos do meu avó Gabriel Santos.

 Rafael Loureiro Álvarez-Builla nace en Pontevedra, na rúa Blanco Porto, o 17 de setembro de 1956, no sanatorio San José, do que seu pai era director. Fillo de Xosé Loureiro Pazos e Teresa Álvarez Builla e Álvarez Builla, neto de José Loureiro Crespo, quen dá nome á rúa na que se empraza o Hospital Provincial, do que foi director a principios do século XX. 

sanatorio
Sanatorio San José en Blanco Porto
Xosé e Teresa
Teresa Álvarez Builla e Xosé Loureiro

Os seus avós maternos Xulio Álvarez-Builla, quen foi secretario da Deputación de Pontevedra, e Consejo Álvarez-Builla coñecéronse estando el en Tui, onde participou nas reunións das mancomunidades de montes para conseguir que o monte Aloia fora parque natural, e ela na Cañiza. Vivían en Madrid e trasladáronse a Pontevedra vivindo na rúa Oliva, e tiveron cinco fillos. A nai de Rafael foi a pequena, Mª Teresa, e tendo ela seis meses, trasladáronse de novo a Madrid, á rúa Monteleón, pola enfermidade de Xulio, estaba quedandose cego pola diabetes (retinopatia diabética) en outubro do 1918, pero seguían pasando os veráns en Pontevedra. Aquí coñecéronse Xosé e Teresa, e casaron en Madrid o 11 de Marzo de 1948.

Julio e Consejo
Xulio Álvarez-Builla e Consejo Álvarez-Builla

A parella veu vivir a Pontevedra porque Xosé tiña aquí a súa familia e quixo exercer de médico na súa vila. Xosé Loureiro Pazos, era o terceiro de catro irmáns (María Teresa, Carmen Vitoria, Xosé e Manuel). A súa avoa María Pazos Peleteiro era de Tenorio , e morreu na epidemia de gripe do 18 no ano 1920.

Xosé e Teresa tiveron 5 fillos, María Teresa, María Cristina (morreu ao pouco de nacer) Xosé Carlos e os mellizos Rafael e Antón.

mellizos
Os catro irmáns
Rafa e Antón
Antón e Rafa
catro irmáns
Os catro irmáns 
Rafa de neno
Rafa de neno
Rafa con cresta
Rafa coa cresta

Rafael empezou con 5 anos no colexio que tiña a Inmaculada na praza do Teucro. Case sempre entraba aterrorizado na aula, por unha profesora que empregaba moito os castigos: orellas de burro, varas, pintar a cara…

Aos 8 anos vai ao colexio Sagrado Corazón de Xesús, de onde lembra ao profesor Gallardo e a maioría dos curas. Aos 10 anos a súa nai cambiounos antes de rematar o curso por estar en desacordo co comportamento dalgún relixioso.

dia da comuñón
santa María
no sagrado corazón
Rafa arriba de todo 3º empezando pola esquerda 1965
ingreso
Rafa cando fixo o ingreso

Fixo o ingreso por libre e entrou no colexio da Inmaculada na avenida de Vigo, onde estivo ata que foi facer o COU ao instituto Sánchez Cantón, do que recorda, entre outros profesores, a Agripina de bioloxía, e Castillo de Educación Física e FEN.

Xa tiña claro que quería estudar Medicina, xunto cos seus amigos Manolo Luaces, Miguel Puig, Elías Pintos e Pedro Martín.

Rafa adolescente
tempo de estudos

En Santiago vive cos seus irmáns nun piso alugado na rúa do Hórreo. De profesores da carreira lembra a Navarrina de Anatomía, Echeverri de Historia da Medicina, Xosé Luís Puente de Cirurxía, Ramón Domínguez de Fisioloxía, Carro Otero de Anatomía e Sierra de Neurofisioloxía. De todas estas materias a súa preferida sempre foi Fisioloxía. O profesor máis famoso era o de farmacia, algo excéntrico que separaba aos sudamericanos dos outros.

Como neste pais non se vive” di sorrindo.

Rafael Loureiro Álvarez-Builla

Ao rematar a carreira foi a Barcelona a facer uns cursos e tivo que presentarse a facer a mili, na que entrou o 8 de xaneiro 1981 en san Fernando, Cádiz, onde xurou bandeira o día anterior do intento de golpe de estado do 23 febreiro do 1981, do que non se enteiraron. Despois incorporouse, en Ceuta, á Agrupación loxística nº 6 da sanidade militar- compañía de evacuación, e de alí destinárono ao fortín de Hacho, antiga cadea militar, unidade de costas e canóns e unidade antiaérea onde estivo dous meses, ata que foi reclamado polo Ramix 30 (rexemento mixto de artillaría)  , onde estivo 15 meses nos que suturou o que non cosera na vida, ademais de atender numerosas enfermidades, tuberculose, cortes e accidentes. Ao remate desta etapa, precisou dun descanso.

Ceuta
Ceuta 1980
na mili

O 1 de marzo de 1982 comezou a traballar como médico xeral na Casa do Mar en Pontevedra, con carácter interino. Logo pasou ao ambulatorio facendo substitucións ata que lle ofreceron entrar de médico no colexio da ONCE, no 1986, para atender aos alumnos que tiñan moitos problemas dexenerativos e tumorais. Co peche do internado, pasou a exercer a medicina privada.

Coñeceu a súa parella estando ela de profesora na mesma institución e casaron en febreiro do 1993. Tiveron 2 fillas, Cristina e María Beatriz. O nacemento das súas fillas supuxo unha gran cambio na súa vida e intenta manter esa loucura e paixón cara elas; aínda que por motivos laborais están lonxe, sempre hai un motivo para visitalas, e agradece que as redes sociais faciliten moito o contacto.

Rafa e a súa filla
Rafa e a súa filla
coas fillas
De médico
Exercendo de médico

Fixo moitas viaxes pero lembra que cando tivo unha moza en Rotterdam, deulle pé a coñecer os Países Baixos, Bretaña e París. Chámalle moito a atención Italia que lle fixo ver a vida dunha maneira máis alegre, cousa que non vía no norte de Europa. “Como neste pais non se vive” di sorrindo.

Gústalle moito Andalucía, pero o seu recuncho preferido é Galicia, sempre co mar pretiño Empezou a pintar levando os útiles de Conde Corbal  , amigo do seu pai. Con 14 anos puido desfrutar do pracer de velo pintar, mentres lle pasaba as cores que lle pedía. Na carreira empezou a pintar cando non era tempo de exames e abstraíase cos pinceis, co mar sempre presente dalgunha maneira.

nunha exposición
Nunha exposición súa

Tivo un diario onde escribía cando lle apetecía, pero perdeuno nalgún dos múltiples traslados de residencia. É moito de ler novela negra, Juan Gómez Jurado , Carmen Mola , Belinda Alexandra  , e máis cercana Susana Fortes  que é a lectura coa que está agora. Na televisión gústalle ver concursos sobre todo Pasapalabra, e le a prensa todos os días para estar informado.

Desde que se xubilou vive o tempo de maneira diferente, lonxe de estar supeditado á estupidez de certas persoas inmaduras.

 Sempre fixo deporte de xeito afeccionado, balonmán, fútbol, baloncesto, petanca. Actualmente, por problemas no lombo, dedicase a camiñar, pero pouco. Considérase algo antisocial, pero encóntrase a gusto na súa soidade. Pasa o seu tempo entre pinceis, facendo fotografías, escribindo, intentando descubrir quen é.

Futbol sala
Anos 80. Os Galenos de Fútbol sala

Grazas Rafa por esta charla distendida, contándome a túa vida. Xa sei que non está todo o que dixeches pero hai cousas que un garda para si mesmo e queda na memoria do que escoita e non no papel do que le.

Ana Santos Solla

Ana Santos Solla

Profesora de E.F.

Son Ana Santos, nacín en Pontevedra no ano 1960, a miña infancia estivo moi ligada a Santa María de Xeve, a terra da miña nai, son a terceira de 8 irmáns, a maior das mozas, a máis vella como me dicían de pequena. Sempre me gustou o deporte e estudei INEF en Madrid, estiven 34 anos no IES Valle Inclán impartindo Educación Física alí foi onde coñecín ao resto dos meus compañeiros que agora me acompañan neste proxecto. Decidín xubilarme para dar un novo rumbo á miña vida e levar a cabo este tipo de iniciativas como @devellabella ue pretende que o envellecemento activo convértase en embelecemento persoal e poder achegar a miña experiencia nesta etapa da vida.

Nós os maiores aínda temos moita guerra que dar, espero que este blogue motívevos a querer colaborar connosco.

Meli Fandiño

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥