En que mundo vivimos no que os supostamente piadosos, preocupados polos seus semellantes- non son eses os que rezan?-fano en contra dunha lei de amnistía?
Acaso non temos neste noso mundo centos de razóns moito máis poderosas polas que rezar? Tantas mortes crueis e inxustas levadas a cabo por exércitos de líderes xenocidas que non teñen pudor en mostrar a súa crueza diariamente. Todos eses mortos inocentes non son máis importantes que unha lei de amnistia? Non son un motivo moito máis poderoso para clamar a Deus por eles?
As vítimas de tantas guerras, de tanta precariedade, de tanta xenofobia e racismo, de miserias e opresións que levan a miles de persoas a buscar a ansiada Europa a custo das súas vidas, non merecen eles un rezo, máis que a lei de amnistía?
E os nosos ríos e bosques e parques naturais ameazados polas monstrosas factorías de ALTRI?
E a proliferación de parques eólicos en zonas naturais que deberan estar protexidas?
Non é todo isto máis merecedor dos seus rezos?
En que mundo vivimos? Que broma de mal gusto é esta?
Arredor de un cento de persoas reunidas na rúa en Madrid, na xornada de reflexión das eleccións europeas, rosario en man instaladas diante de Ferraz rezando contra a amnistía.
Cústame dar creto.
Pero neste mundo xa case nada nos pode sorprender, un líder mundial con demencia senil, un posible substituto atopado culpable de 34 cargos de falsificación pendente da pena imposta pola xustiza, un auténtico delincuente que se ninguén o remedia será o próximo presidente dos EEUU. Un país intocable que está exterminando un pobo sen que ninguén lle pare os pés. Un presidente para o que non todos os mortos son iguais… que importa que teñan que morrer uns centos máis de palestinos se con iso se consegue liberar a cinco reféns e recuperar parte da súa maltreita popularidade entre os seus? Que importan os mortos de segunda? Os mortos ninguéns? Os mortos que só os seus choran?
Amén de tantas outras razóns coas que nos espertamos todos os días neste noso país e en todo o mundo e que son infinitamente máis importantes e máis merecedoras de pregarias.
Por iso fico perplexa ante semellante situación. Xa non se valora aquí a crenza ou non na utilidade desta oración senón o feito de que esas persoas que si cren ferventemente nela-presuponse- , a utilicen para o que a utilizan e rematen a oración proferindo insultos varios.
Supoño que Deus non debe dar creto ante semellante esperpento.


Charo Valcárcel Mato
Profesora de Galego
Nacín nunha pequena freguesía da Estrada (Sta. Cristina de Vinseiro) hai 60 anos, pero xa levo trinta e cinco vivindo en Pontevedra, case tantos como os que traballei no IES Valle Inclán (trinta e dous), toda unha vida…
Estudei Filoloxía Hispánica, aínda que me presentei e aprobei as oposicións para profesora de Lingua galega e sempre exercín como tal, do cal me sinto e sentirei sempre moi orgullosa.
Formamos parte dun grupo de teatro de profesores (en activo e xubilados) que naceu no 2005 no seo do Valle Inclán, Argallada, e que está esperando tempos mellores para retomar a súa actividade.
Agardo que as miñas contribucións no blog devellabella sexan merecedoras do voso beneplácito ou, polo menos, non do voso desgusto.
máis artigos
Actividades culturais do 10 ao 16 de febreiro 2025 por Ana Santos
by Ana | Febreiro 9, 2025 | Actividades | 0 Comments
Actividades do 3 ao 9 de Febreiro 2025 por Ana Santos
by Ana | Febreiro 2, 2025 | Actividades | 0 Comments
Actividades culturais do 27 de xaneiro ao 2 de febreiro
by Ana | Xaneiro 26, 2025 | Actividades | 0 Comments
Actividades culturais do 20 ao 26 de Xaneiro por Ana Santos
by Ana | Xaneiro 19, 2025 | Actividades | 0 Comments
Actividades culturais do 13 ao 19 de xaneiro 2025 por Ana Santos
by Ana | Xaneiro 12, 2025 | Actividades | 0 Comments
Actividades culturais do 16 ao 22 de Decembro por Ana Santos
by Ana | Decembro 15, 2024 | Actividades | 0 Comments
Ana Carretón Guada por Ana Santos Solla
by Ana | Febreiro 2, 2025 | Historias de vida | 0 Comments
José María Fernández Vázquez por Ana Santos
by Ana | Decembro 1, 2024 | Historias de vida | 0 Comments
Olga Martínez López por Ana Santos Solla
by Ana | Outubro 27, 2024 | Historias de vida | 1 Comment
Luisa Pan Martínez por Ana Santos Solla
by Ana | Setembro 22, 2024 | Historias de vida | 0 Comments
Anxo da Ferreira por Ana Santos Solla
by Ana | Xuño 23, 2024 | Historias de vida | 0 Comments
Marigel Pérez García por Ana Santos Solla
by Ana | Maio 5, 2024 | Historias de vida | 0 Comments
Servizo de mesa en tempos de guerra por Isidro Cortizo del Río
by Isidro | Febreiro 9, 2025 | Artísticas | 0 Comments
Chucho das Rabadeiras por Manolo Gulías Márquez
by Colaborador | Febreiro 2, 2025 | Literarias | 0 Comments
Sempre en Galiza de Castelao…. por Pilar Freitas Juvino
by Pilar Freitas | Xaneiro 26, 2025 | Etnografía | 0 Comments