Seleccionar página

"Sobre os alugueres"

Juanjosé Guirado

Aínda que a especulación inmobiliaria chegou ao seu apoxeo  cos gobernos de Aznar, foi durante o de Zapatero cando se empezaron a tomar medidas para intentar paliar os seus peores efectos. Iso antes de que o pánico que invadiu aquel goberno socialista frease en seco as políticas sociais, chegando a poñer por diante de calquera consideración o pago da débeda. Así, a reforma nocturna e desleal da Constitución, ata entón tan sagrada e intocable, limou os dereitos humanos para reforzar os do diñeiro.

Nas zonas turísticas especialmente, os prezos de aluguer repercutiron tan desfavorablemente que moitos funcionarios desistían de ocupar os seus postos en Baleares porque o aluguer reducía os seus salarios á mínima expresión.

A solución daquel goberno non foi desde logo limitar o prezo, senón axudar ao inquilino a pagalo e conceder axudas fiscais ao propietario para mantelo. Sobra dicir que o primeiro, en condicións de desequilibrio entre oferta e demanda, só podía conducir a que aumentase a posibilidade de pago, e con ela o prezo. Estaba claro que en realidade a axuda era para o propietario. En canto ao segundo, estes eran subvencionados con diñeiro público. É dicir, en ambos casos empregábase o diñeiro de todos  en beneficio do diñeiro dos propietarios.

Viñeron logo os peores anos, a imposibilidade de pagar alugueres e hipotecas, os desafiuzamentos, impacables, deixaban sen teito tanto a debedores insolventes como a inquilinos empobrecidos. Sen acubillo nin amparo, nenos, anciáns, discapacitados físicos ou psíquicos, ficaban na beirarrúa. Os seus mobles, os seus recordos, toda a súa vida, na beirarrúa, sen ter moitas veces onde reconstruír ese pasado perdido, onde deixar os seus pobres cachifallos, cheos de sentimentos xa sen ancoraxe posible.

Xurdiu todo un movemento antidesafiuzamentos, mentres xuíces e policías cumprían implacables co seu deber.

Claro que sempre podía darse o caso do “okupa” delincuente que impedía á pobre anciá complementar a súa mísera pensión… Pero non sería máis frecuente o caso do banco que expulsaba ao desesperado que xa non podía pagar a súa débeda leonina? ou o fondo voitre que se fixera con vivendas sociais e facía impagable a renda?

Escenas sangrantes repetíanse a centos, a milleiros, cada día. E seguen dándose en tanto non se cambie toda unha lexislación feita á medida da propiedade; só que agora estes casos diarios están fóra de foco.

Por iso, cando os números electorais no daban para máis, o novo goberno de coalición incluíu, entre os seus acordos, este artigo:

2.9.3.- Frenaremos las subidas abusivas del alquiler. Para ello:

  • Se impulsarán las medidas normativas necesarias para poner techo a las subidas abusivas de precios de alquiler en determinadas zonas de mercado tensionado.
  • Se habilitará a las comunidades autónomas y/o ayuntamientos para que a partir del Sistema Estatal de Índices de Referencia de Precios del Alquiler de Vivienda que está desarrollando el Ministerio de Fomento puedan establecer su índice de precios de acuerdo a una metodología objetiva y sujeto a revisión periódica. Se tomarán en cuenta los avances de aquellas comunidades autónomas que tengan definido un sistema Referencia de Precios del Alquiler, agilizando los mecanismos que hagan posible su puesta en marcha.

Hai que destacar a moderación extrema, que se refire soamente a certas zonas de mercado tensionado, o que deixa aberto o campo a interpretacións restritivas, e que se fale, non de pór teito aos sen teito, senón só ás subidas abusivas.

E como se pon ese teito? É difícil interpretar que un teito non signifique un límite, porque se salto na miña casa e dou contra el non podo aparecer máis arriba.

Por iso, a interpretación de que ese teito non pode contravir as regras do mercado, a oferta e a demanda, porque a vivenda, ademais dun dereito, é un ben de mercado, como dixo o ministro Ábalos, só pode significar que o único teito teno o goberno  e que llelo impoñen os bancos e quen especula cos dereitos humanos, ese negocio sempre é redondo.

Cando as hipotecas se viñeron abaixo pola incertidume sobre o futuro (incertidume que xa non nos abandonará), a venda de pisos tamén o fixo, e inmobiliarias e bancos atopáronse cun enorme parque de vivendas invendibles. Entón a especulación saltou ao aluguer.

A periodista e escritora Cristina Fallarás fala en primeira persoa no seu artigo Qué sabrá usted, Ábalos, de un techo:

“Una no se recupera de un desahucio. Al menos yo era adulta, tenía entonces 44 años. UNA NO SE RECUPERA DE UN DESAHUCIO y lo sé seguro porque corría el putísimo año 2008 cuando el director del diario ADN y su consejero delegado me echaron a la puta calle preñada de 8 meses. 

Supe que no volvería a encontrar trabajo, que pasarían cuatro años sin pagar el piso, que me lo quitaría el banco, en mi caso el BBVA, en mi caso en 2012.

Pero, igual que no se recupera del desahucio, una no puede imaginárselo si no lo ha vivido. Resulta ABSOLUTAMENTE imposible.

Venga, JOSÉ LUIS ÁBALOS MECO, venga colega socialista, tengo entendido que tiene usted varios hijos. Venga, vamos allá:

Yo, Cristina Fallarás, periodista, escritora, activista, personaje televisivo incluso le admito que políticamente excéntrico, tengo dos: a la pequeña la echaron de casa cuando acababa de cumplir los 4; al mayor, recién cumplidos los 10.

O argumento da necesidade de que a lei da oferta e a demanda regule os alugueres cae por completo, porque  desde a antigüidade reguláronse os prezos. Organismos reguladores utilizáronse e seguen utilizándose cada vez que os Estados o consideran conveniente. O artigo ¿El mercado es así? recorda algúns casos “de palpitante actualidade”:

“¿Podemos creernos que en verdad la sociedad y el Estado dejan que el mercado sea así, esto es, que sea la ley de la oferta y la demanda quien asigne y distribuya racionalmente los recursos en todos los casos? Pues no. La solución a la crisis sanitaria y económica generada por la Covid 19 no se ha dejado en manos del mercado, al albur del juego ciego y libre de la oferta y la  demanda. La sociedad por medio del Estado ha empleado varios mecanismos económicos para solucionar los graves problemas sanitarios y económicos generados por la pandemia. Se han empleado los ERTES, que permite a las empresas reducir de manera significativa sus costes laborales; se han empleado los préstamos ICO, que han permitido a las empresas financiar sus deudas, con tipos de interés bajos, con dos años de carencia y seis años de pago; se han empleado o se emplearán cuantiosas ayudas directas para que las empresas no se ahoguen por los préstamos ICO; y se está vacunando a la población de forma gratuita. Por lo tanto, es obvio que la sociedad por medio del Estado no ha dejado en manos del mercado y del libre y ciego juego de la oferta y la demanda que resolviera la grave crisis sanitaria y económica provocada por la pandemia. Repetimos: La sociedad por medio del Estado no ha permitido que el mercado sea así, esto, libre y ciego.”

Parece claro que a diferenza neste caso está na esixencia dos grandes posuidores de vivendas e o seu inmenso poder. De novo ofrécense vantaxes fiscais aos donos, ata o punto de que unha modesta rebaixa do 10%, que pouco resolve ao inquilino, recompensa ao arrendador cunha rebaixa fiscal do 90%.

Outra vez o partido hexemónico no goberno mostra o teito que o capitalismo  pon aos seus bos propósitos e ao acordado no pacto de investidura.

Juanjosé Guirado

Juanjosé Guirado

Arquitecto

Juan José Guirado Fernández, sevillano de nacemento (Écija 1946) e pontevedrés de adopción, tras rematar os seus estudos de arquitectura desenvolveu a maior parte do seu traballo como arquitecto en Pontevedra, traballo que, por circunstancias da vida, foi abandonando para dedicarse ao ensino, comezando por unha substitución no IES Concepción Arenal de Ferrol e aprobando posteriormente as oposicións a profesor de debuxo, profesión que exerceu en Pontevedra durante sete anos, seis deles no IES Valle Inclán.
Despois de rematar a súa tese doutoral, acabou na Escola de Enxeñería Industrial de Vigo, no Departamento de Deseño, no que traballou ata a súa xubilación hai agora sete anos. Ao longo dese tempo participou en diversos congresos e cursos dentro e fóra de España e realizou estudos sobre xeografía, historia, antropoloxía, filoloxía e literatura.
Desde hai dez anos escribe puntualmente no seu blog esencial o menos sobre estas e outras materias. Ademais da súa tese é autor de tres libros sobre xeometría e deseño.

máis artigos

Actividades do 14 ao 20 de xuño 2021

Do 7 ao 13 de Xuño

Actividades do 31 de maio ao 6 de xuño

Do 24 ao 30 de Maio 2021

Do 17 ao 23 de maio 2021

Do 10 ao 16 de maio 2021

♥♥♥ síguenos ♥♥♥

Español