Viaxe ao Suroeste dos EEUU

Sara Valenzuela Viz

Deixamos Panamá e imos cara ao suroeste dos Estados Unidos onde pasaremos 15 días, hoxe é 15 de febreiro, 

Voamos a Los Ángeles e coma sempre a rutina dos traslados, un Uber ao aeroporto, as tarxetas de embarque (facíamos escala en San Salvador), o control de pasaportes, control da equipaxe e unha vez dentro tomamos un café e agardamos ata que embarcamos. Chegamos moi tarde a Los Ángeles e o proceso de control de inmigración é lento, somos moitos pasaxeiros e poucos policías, pasamos o control sen problema e ao saír collemos un autobús cara a zona de taxis e descargamos Lyft, unha aplicación de taxis que funciona moi ben xa que temos tido problemas con Uber noutras ocasións en EE.UU. O taxi levounos ao apartamento pero custounos máis de 60 dólares e, aínda que foi un traxecto moi longo, démonos conta de que nesta cidade interesaba utilizar transporte público e deixar os taxis para os casos imprescindibles.

Chegamos ao piso despois das 11 da noite, morrendo de fame, non había nada aberto, pouca vida na zona. O apartamento estaba en unha zona de casas baixas e pequenos negocios e a maioría dos habitantes eran hispanos, case todos mexicanos. Iso gustounos , os mexicanos son xente moi “friendly” e sempre disposta a proporcionarche calquera axuda, a solidariedade é fundamental entre eles e con calquera que fale español xa que ao vir de fóra están acostumados a axudar ao que acaba de chegar e desvívense por facelo; pero sobre todo é xente moi aberta e amigable coa que podes charlar e escoitar as súas experiencias. Menos mal que había un Pizza Hut 24horas cerca , alí collemos unha pizza e levámola ao apartamento, ceamos e fomos para a cama.

16-2- Primeiro día en Los Ángeles, despois do cravo que nos deu o taxista, decidimos utilizar o transporte público, un autobús pasa moi preto do noso piso, pero como non tiñamos tarxeta, fomos camiñando ata a estación do metro e alí mercamos unha para movernos ata Hollywood; a verdade é que esta cidade non nos gustou pero tiñamos que ir a visitala e despois poder opinar. En Hollywood todo era hiperturístico, ducias de tendas de souvenirs, un museo de cera, pequenos museos relacionados co cine. Paseamos polo paseo da fama coas estrelas na beirarrúa, e visitamos o teatro Dolby no exterior que é onde se entregan os Óscar e o centro comercial dos seus arredores. Había moitos mendigos e xente sen teito, algúns tirados polo chan y eso que era o centro do barrio. Noutras ocasións tiñamos visto o problema que supón a xente sen teito nos USA pero en Los Ángeles o problema está máis presente e segundo nos comentan o consumo de fentanilo estase a expandir e a agravalo. No metro, sobre todo nas estacións do centro e de Hollywood, atópase moita xente con evidentes problemas de adicción e de falla de vivenda o que fai que non sexa un medio de transporte moi utilizado a pesar de resolver traslados importantes, en metro poderíase chegar a case todos os lugares de interese da cidade. 

os anxeles
Beverly
viaxe ao suroeste,
Sara Valenzuela Viz

Sara Valenzuela Viz

Profesora de Historia

Nacín na parroquia de Santirso de Manduas, en Bandeira.

Aos nove anos mandáronme estudar a Santiago e alí pasei uns cantos anos da miña vida, xa que logo fixen Filosofía e letras e liciencieme en Xeografía-Historia.

Exercín de profesora percorrendo moitos centros educativos das catro provincias, penso que de aí vén o que me gusta viaxar.

Levo en Pontevedra 27 anos, nesta fermosa cidade coñecín a unha parte dos integrantes do blog devellabella, no IES Valle Inclán e tamén no Frei Martín Sarmiento. Con eles vivín moitas aventuras, dende a nosa dedicación común ao teatro a festas diversas relacionadas co noso traballo, e sempre me sentín en total confianza.

Levo xubilada dous anos e procuro aproveitalo ao máximo, sobre todo facendo viaxes.

Neste proxecto vou poñer o meu graniño de area, e espero que sexa do voso agrado

Viaxe a Panamá

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥