Porcións
12
Listo en:
1 hora 1/4
Ideal para:
Sobremesa
Ingredientes
-
4 ovos
-
100 ml de leite
-
200 Gr de fariña +1/2 sobre de levadura química
-
125 Gr de azucre
-
175 ml de aceite de xirasol
-
2 plátanos maduros
-
50 Gr de chocolate sen leite
-
1 culler pequena de canela
Preparación
- Mestutamos os ovos co azucre batendo,
- Desfacemos o chocolate no leite no micro
- engadimos o aceite, os plátanos troceados (menos medio que queda para adornar) e o chocolate co leite
- peneiramos a fariña coa levadurina e mesturamos
- engadimos a canela e xa temos a tarta feita
- Nun molde con papel vexetal botamos a mestura e adornamos cos cachiños de plátano
- Co forno xa quente cocemos a 180º sobre 45-50 minutos

Ana Santos Solla
Profesora de E.F.
Son Ana Santos, nacín en Pontevedra no ano 1960, a miña infancia estivo moi ligada a Santa María de Xeve, a terra da miña nai, son a terceira de 8 irmáns, a maior das mozas, a máis vella como me dicían de pequena. Sempre me gustou o deporte e estudei INEF en Madrid, estiven 34 anos no IES Valle Inclán impartindo Educación Física alí foi onde coñecín ao resto dos meus compañeiros que agora me acompañan neste proxecto. Decidín xubilarme para dar un novo rumbo á miña vida e levar a cabo este tipo de iniciativas como @devellabella ue pretende que o envellecemento activo convértase en embelecemento persoal e poder achegar a miña experiencia nesta etapa da vida.
Nós os maiores aínda temos moita guerra que dar, espero que este blogue motívevos a querer colaborar connosco.
máis artigos
♥♥♥ síguenos ♥♥♥