Porcións
12
Listo en:
50 minutos + 1 noite
Ideal para:
Sobremesa
Elaboración: Ana Santos
Ingredientes
- 6 ovos
- 500 gr de nata
- 2 tarrinas de queixo tipo philadelphia
- 250 gr de azucre
- 200 gr de marmelo
- Unha pizca de sal
Faise:
Mestúranse ben todos os ingredientes coa batedora e cólase
caramelizáse un molde
Botámos a mezcla enriba do caramelo
180º de 45′ a unha hora a baño maría coas cáscaras de ovo desmenuzadas
Deixase enfriar a temperatura ambiente, logo métese na neveira unhas catro horas.
Quéntase o marmelo no microondas con un pouco de auga e cúbrese a tarta, sen desmoldar e se deixa enfriar de novo na neveira unhas 8 horas, logo desmóldase e xa está.
Gardar na neveira
Ana Santos Solla
Profesora de E.F.
Son Ana Santos, nacín en Pontevedra no ano 1960, a miña infancia estivo moi ligada a Santa María de Xeve, a terra da miña nai, son a terceira de 8 irmáns, a maior das mozas, a máis vella como me dicían de pequena. Sempre me gustou o deporte e estudei INEF en Madrid, estiven 34 anos no IES Valle Inclán impartindo Educación Física alí foi onde coñecín ao resto dos meus compañeiros que agora me acompañan neste proxecto. Decidín xubilarme para dar un novo rumbo á miña vida e levar a cabo este tipo de iniciativas como @devellabella ue pretende que o envellecemento activo convértase en embelecemento persoal e poder achegar a miña experiencia nesta etapa da vida.
Nós os maiores aínda temos moita guerra que dar, espero que este blogue motívevos a querer colaborar connosco.
máis artigos
♥♥♥ síguenos ♥♥♥