Porcións
40
Listo en:
1 hora 30 minutos
Ideal para:
Sobremesa
Elaboración: Ana Santos
Ingredientes
- 225 gr de Chocolate negro
- 3 cucharadas de nata líquida
- 40 gr de manteiga
- 3 cucharaditas de brandy ou cognac
- 2 xemas de ovo
- Fideos de chocolate e coco relado
Faise:
Poñer a baño María o chocolate coa manteiga removendo para que non faga grumos, retirar da calor e deixar que arrefríe, engadir o resto dos ingredientes de un en un mesturando ben para que quede unha masa uniforme.
Introducir na neveira ata que o preparado estea sólido (máis ou menos unha hora). Sacar pequenas cantidades coa axuda de dúas culleres e formar bolitas pequenas, rebozámolas en chocolate ou coco relado e gardamos na neveira ata a hora da sobremesa.



Ana Santos Solla
Profesora de E.F.
Son Ana Santos, nacín en Pontevedra no ano 1960, a miña infancia estivo moi ligada a Santa María de Xeve, a terra da miña nai, son a terceira de 8 irmáns, a maior das mozas, a máis vella como me dicían de pequena. Sempre me gustou o deporte e estudei INEF en Madrid, estiven 34 anos no IES Valle Inclán impartindo Educación Física alí foi onde coñecín ao resto dos meus compañeiros que agora me acompañan neste proxecto. Decidín xubilarme para dar un novo rumbo á miña vida e levar a cabo este tipo de iniciativas como @devellabella ue pretende que o envellecemento activo convértase en embelecemento persoal e poder achegar a miña experiencia nesta etapa da vida.
Nós os maiores aínda temos moita guerra que dar, espero que este blogue motívevos a querer colaborar connosco.
máis artigos
♥♥♥ síguenos ♥♥♥