por Marina Filgueira

Brilla no ceo unha estrela

tamén brilla no meu lar,

ela é guía dos meus soños

non os deixa magoar.

 

Canta, Pontevedra, canta

nunca deixes de cantar

cantan os ríos e fontes

e o vento no piñeiral.

 

Cantas nos prados e leiras,

na vendima e no lagar,

nas palleiras e colleitas

nas festas dalgún xantar.

 

E canta a roda do muíño,

canta o galo no curral

canta o lume na lareira,

canta o cuco aló no val.

 

Cántame belas cantigas.

Que me fagan namorar,

e me saquen as fatigas

que non me deixan soñar.

 

Canta, auga do regueiro

Brinca na beira do mar

Canta o merlo no salgueiro

Eu tamén quero cantar.

 

Non esquezas que te quero

de ledicia hei de chorar

cando estea de ti lonxe,

eu sempre te hei de lembrar.

 

Pois desta dourada terra,

eu xa non quero marchar

que sinto amor e desexo

de quedar aquí a morar.

 

                         Marina Filgueira

Marina Filgueira

Marina Filgueira

Poeta

Naceu en Santa María de de Xeve, lugar das Raposeiras, un 27 de marzo de 1934, as súas afeccións son ler, escribir poesía, pasear e viaxar. Viaxou por medio mundo. viaxar é aprender moitas… é cultura en definitiva.

Blog

Nace un nuevo resplandor

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥