“Podes descubrir de onde vés, pero cara a onde vas só o decides ti”, di Iria López Teijeiro. Afortunadamente, actuamos coma se fósemos inmortais, e máis ainda cando a nosa xuventude pode con todo.
Co paso dos anos, imos acumulando experiencias de vida nunha mochila, que reflicte o que imos sendo e cara a onde camiñamos, comprobando a miúdo que “os auténticos inimigos do home están aloxados dentro de nós mesmos”, como di Pérez de Arteaga no seu “Malher”.
E tamén nos imos decatando das limitacións que nos marca o devir do tempo:
“A esperanza tínguese de azuliño,
peiteando ao vento as súas canas,
mentres a persegue
unha fugaz fermosura,
que se agocha sen ganas
nese porvir tardío.
Esa espera
con corazón de pedra,
de xeo baleiro chea,
nun nebuloso labirinto atrapada
e de esquecemento ateigada.”
E volve o exercicio da Arte a concedernos unha perpetuidade imposible, animándonos a seguir loitando por un mundo mellor, máis pacífico e tamén moito máis fermoso.
Tendemos afanosamente, dende temperá idade, a gardar todos os obxectos que nos proporcionaron unha ilusión, ata que un día nos decatamos de que esa etapa xa pasou. É entón cando nos damos conta de que nos botaron para sempre fora do paraíso.
Como dixo Albert Eistein “é a través do sufrimento e a inxustiza como unha persoa se desenvolve de verdade”.
É probable que toda a experiencia vital acumulada nos permita ver con claridade o verdadeiro destino que nos impuxemos, podendo facer o balance postremeiro que nos redima ou nos censure os nosos pasados actos.
Mais como nunca estaremos seguros de todo, seguiremos adiante coa nosa senda marcada, lastrada polas nosas “teimas” cotiás, tuteladas polo noso particular pepiño grilo e sempre co alivio dunha canción.

Agustín Pousseu Loira
Arquitecto
Agustín Pousseu Loira. Nace en Río Grande do Sul, Brasil en 1958. Fillo de emigrantes galegos. Arquitecto pola E.T.S.A de A Coruña.
Dende moi novo mostra paixón pola pintura e compaxina esa arte coa profesión de arquitecto.
Recibiu o 1º premio do concurso nacional Ferrogrés-Arquitectura 1995 pola obra do Pavillón Polideportivo de Bueu. Accésit Premio 25 anos, convocado polo colexio Oficial de Arquitectos na súa delegación de Pontevedra.
Na pintura e na escultura ten unha longa traxectoria en exposicións individuais e colectivas.
Tamén ten obra literaria inédita “En procura da verdade”, “Cousas de mente preñada”, “Kroatopía e o poemario “Poesía de corto metraje”.
Ten publicado un relato ilustrado coa súa propia obra: “El bosque de Acivro”.
O seu traballo plástico é amplio e abrangue obras de linóleo, plumas a tinta chinesa, pinturas ao óleo e acrílicas, etc. Na escultura ten traballos esculpidos en madeira, en terracota e esculturas de bronce.
Na actualidade está a levar a sua obra plástica á xoería en prata, ouro e resina.
máis artigos
Actividades culturais do 5 ao 11 de outubro por Ana Santos
by Ana | Outubro 4, 2026 | Actividades | 0 Comments
Actividades culturais do 28 de setembro ao 4 de outubro
by Ana | Setembro 27, 2026 | Actividades | 0 Comments
Actividades culturais do 21 ao 27 de setembro por Ana Santos
by Ana | Setembro 20, 2026 | Actividades | 0 Comments
Actividades culturais do 14 ao 20 de setembro por Ana Santos
by Ana | Setembro 13, 2026 | Actividades | 0 Comments
Actividades culturais do 7 ao 13 de setembro por Ana Santos
by Ana | Setembro 6, 2026 | Actividades | 0 Comments
Actividades culturais do 25 ao 31 de Maio por Ana Santos
by Ana | Maio 24, 2026 | Actividades | 0 Comments
Pedro Ayuso Sierra por Ana Santos Solla
by Ana | Outubro 4, 2026 | Historias de vida | 0 Comments
Marisa Sánchez Martínez por Ana Santos Solla
by Ana | Setembro 20, 2026 | Historias de vida | 0 Comments
Rosa María López Lorenzo por Ana Santos
by Ana | Setembro 6, 2026 | Historias de vida | 0 Comments
Lola Fontán Fernández-a Xenxa- por Ana Santos
by Ana | Decembro 16, 2025 | Historias de vida | 0 Comments
Piruca Baena Solla por Ana Santos Solla
by Ana | Setembro 21, 2025 | Historias de vida | 2 Comments
Ana Carretón Guada por Ana Santos Solla
by Ana | Febreiro 2, 2025 | Historias de vida | 0 Comments
Máis nervioso ca un crocodilo en augas do Peloponeso por Jose Solla
by Colaborador | Setembro 27, 2026 | Fotográficas | 0 Comments
La mañana de Marina Filgueira García
by Colaborador | Setembro 27, 2026 | Articulos | 0 Comments
Os nosos gaiteiros II por Marcos Seixo Pastor
by Marcos Seixo | Setembro 27, 2026 | Etnografía | 0 Comments
Viaxe a Mallorca, parte 2 por Xosé Manuel Gulías
by Colaborador | Setembro 20, 2026 | Escapadas | 0 Comments