Esta foto tomada o 20 de setembro de 1932, pretendía parecer un descanso natural durante a construción do edificio RCA Rockefeller Center). A imaxe dos 11 traballadores sentados nunha viga do piso 69 (uns 260 metros) sobre Manhattan almorzando, compartindo bromas e acendendo cigarros é unha das máis reproducidas do mundo. Parece ser que a altura non era tal, pois estaban sobre o piso anterior que xa estaba rematado, aínda así non tiñan ningún sistema de seguridade o que demostra a precariedade da situación laboral non Estados Unidos durante a Gran Depresión.
A fotografía publicouse por primeira vez o 2 de outubro de 1932 no New York Herald Tribune sen firma. Hoxe en dia está considerada como unha fotografía anónima. Hai dubida entre dous autores. En primeiro lugar, Lewis Hine que naqueles anos traballou no Empire State Building, un edificio que se terminou en 1931. Pero no 2003, os descendentes do fotógrafo Charles Ebbets aseguraron que el era o autor de tan importante icona cultural. Nunca se puido demostrar e nos últimos anos incluso se fala tamén como posibles autores a William Letwich ou Thomas Kelly.

Non se sabe con seguridade se son acróbatas contratados para promocionar a construción do complexo ou uns obreiros que realmente estaban no momento do almorzo. O magnate John Davison Rockefeller Jr que contratou ao fotógrafo nunca o dixo.
O negativo pertence na actualidade a Visual China Group, unha axencia china asociada coa axencia Corbis. É de cristal e sábese que está roto. Así que sempre vemos unha fotografía restaurada, unha reconstrución dixital.
Destaca a calidade técnica. Déixanos coa boca aberta, pois a nitidez é impresionante e pódese distinguir ata o máis mínimo detalle. O gran tamaño do negativo e a destreza dos fotógrafos eran fundamentais para conseguir estes resultados.

A cámara de placas que máis se utilizaba por aquel entón era a Graflex, un modelo que permitía conseguir eses negativos de cristal de 13 x 20 cm. Era moi pesada e costa entender como a usaban a pulso aqueles primeiros fotoperiodistas.
Parece ser que o segundo traballador empezando pola esquerda é Natxo Ibargüen, de Valmaseda (Vizcaya) y residente en Nova Iorke desde 1924. El está con Matty O’Shaughnessy, dándolle lume para acender un cigarro. Quen sabe!


Xosé Antonio Pérez Graña
Profesor de inglés
Naceronme en Cotobade no 1952. Estudei Maxisterio (por inglés) e Psicoloxia. Traballei durante 37 anos no ensino, rematando a miña vida laboral no IES Valle Inclán, onde formei parte do grupo de teatro Argallada. Encargueime tamén da revista anual do Instituto. Nesta nova etapa, adicareime a recompilar artigos e actividades da nosa Web para facer unha revista-resume cada mes.
máis artigos
Actividades do 27 de Marzo ao 2 de Abril 2023
by Ana | Marzo 26, 2023 | Actividades | 0 Comments
Actividades do 20 ao 26 de marzo 2023 por Ana
by Ana | Marzo 19, 2023 | Actividades | 0 Comments
Actividades do 20 ao 26 de Febreiro 2023
by Ana | Febreiro 19, 2023 | Actividades | 0 Comments
Rafael Sánchez-Agustino “Fis” por Ana Santos
by Ana | Marzo 10, 2023 | Historias de vida | 0 Comments
Juan Romero Ogando por Ana Santos
by Ana | Febreiro 12, 2023 | Historias de vida | 0 Comments
Marina de Sáa González por Ana Santos Solla
by Ana | Decembro 18, 2022 | Historias de vida | 0 Comments
Luis Otero Echart por Ana Santos
by Ana | Decembro 4, 2022 | Historias de vida | 0 Comments
Mª del Carmen Fernández Iglesias por Ana Santos
by Ana | Novembro 13, 2022 | Historias de vida | 0 Comments
Rafael Loureiro Álvarez-Builla por Ana Santos
by Ana | Outubro 30, 2022 | Historias de vida | 0 Comments
Donald Trump no concello da Estrada por Marcos Seixo
by Marcos Seixo | Marzo 26, 2023 | Articulos | 0 Comments