Unha semana de inspiración e convivencia interxeracional no “Château Coliving”
Recibimos a visita de Ana Santos desde o colectivo pontevedrés de “De Vella a Bella” para coñecer a súa experiencia durante unha semana no Château Coliving de Francia.Pincha na imaxe para escoitar o podcast da entrevista con Susana Pedreira.
Non hai maior satisfacción ca poder traballar dende calquera lugar do mundo. Iso foi precisamente o que vivín nesta última semana de febreiro, cando tiven a oportunidade de trasladarme ao Château Coliving en Picauville, Normandía, Francia.
Alí, compartín experiencia con outros colivers que participaban no programa de Produtividade Consciente, unha iniciativa deseñada para axudar a alcanzar obxectivos profesionais sen renunciar a un estilo de vida saudable e equilibrado. Este programa non só ofrece un entorno inspirador para o traballo, senón tamén a oportunidade de conectar con persoas afíns e formar parte dunha comunidade comprometida co crecemento persoal e profesional.
Durante a semana, participei en diversas actividades, especialmente polas tardes. Asistín a unha cata de viños, visitei o mercado semanal da vila e aventureime a gravar o tradicional baño semanal nas frías augas da Canle da Mancha. Ademais, fun anfitrioa dunha cea para toda a comunidade, un espazo de encontro onde compartimos os nosos soños e obxectivos profesionais.
Esta experiencia foi posible grazas aos intercambios entre espazos creativos de Europa (ECNH), unha iniciativa que facilita a mobilidade dos seus profesionais, permitindo que interactúen con outros colivers e descubran novos entornos de traballo.
Este tipo de experiencias son fundamentais para fomentar o talento e a colaboración en contornas diversas. Os espazos de coliving ofrecen moito máis ca un lugar onde traballar; promoven o intercambio de coñecemento, a aprendizaxe continua e a creación de sinerxías entre profesionais de diferentes sectores.
Foi, sen dúbida, unha experiencia inesquecible, que reafirma o valor do traballo remoto e das comunidades creativas como motor de innovación e desenvolvemento persoal.
Quero expresar o meu agradecemento ao meu espazo de traballo, Arroelo, pola súa implicación na consecución deste intercambio no país veciño.
Ademais, tiven a oportunidade de compartir a miña experiencia tanto na emisora de radio Onda Cero como no Desayuno Creativo deste xoves 6 de marzo.

Ana Santos Solla
Profesora de Educación Física
Son Ana Santos, nacín en Pontevedra no ano 1960, a miña infancia estivo moi ligada a Santa María de Xeve, a terra da miña nai, son a terceira de 8 irmáns, a maior das mozas, a máis vella como me dicían de pequena. Sempre me gustou o deporte e estudei INEF en Madrid, estiven 34 anos no IES Valle Inclán impartindo Educación Física alí foi onde coñecín ao resto dos meus compañeiros que agora me acompañan neste proxecto. Decidín xubilarme para dar un novo rumbo á miña vida e levar a cabo este tipo de iniciativas como @devellabella ue pretende que o envellecemento activo convértase en embelecemento persoal e poder achegar a miña experiencia nesta etapa da vida.
Nós os maiores aínda temos moita guerra que dar, espero que este blogue motívevos a querer colaborar connosco.
máis artigos
Actividades culturais do 9 ao 15 de Febreiro por Ana Santos
by Ana | Febreiro 8, 2026 | Actividades | 0 Comments
Actividades culturais do 2 ao 8 de febreiro por Ana Santos
by Ana | Febreiro 1, 2026 | Actividades | 0 Comments
Actividades culturais do 26 de xaneiro ao 1 de febreiro por Ana Santos
by Ana | Xaneiro 25, 2026 | Actividades | 0 Comments
Actividades culturais do 19 ao 25 de xaneiro 2026 por Ana Santos
by Ana | Xaneiro 18, 2026 | Actividades | 0 Comments
Actividades culturais do 12 ao 18 de Xaneiro por Ana Santos
by Ana | Xaneiro 11, 2026 | Actividades | 0 Comments
Actividades culturais do 5 ao 11 de xaneiro 2026 por Ana Santos
by Ana | Xaneiro 4, 2026 | Actividades | 0 Comments
Lola Fontán Fernández-a Xenxa- por Ana Santos
by Ana | Decembro 16, 2025 | Historias de vida | 0 Comments
Piruca Baena Solla por Ana Santos Solla
by Ana | Setembro 21, 2025 | Historias de vida | 2 Comments
Ana Carretón Guada por Ana Santos Solla
by Ana | Febreiro 2, 2025 | Historias de vida | 0 Comments
José María Fernández Vázquez por Ana Santos
by Ana | Decembro 1, 2024 | Historias de vida | 0 Comments
Olga Martínez López por Ana Santos Solla
by Ana | Outubro 27, 2024 | Historias de vida | 1 Comment
Luisa Pan Martínez por Ana Santos Solla
by Ana | Setembro 22, 2024 | Historias de vida | 0 Comments
Era Abril e chovía por Ramón Caride
by Colaborador | Febreiro 15, 2026 | Literarias | 0 Comments
O meniño co rabo no cu por José Manuel Gulías Márquez
by Colaborador | Febreiro 8, 2026 | Literarias | 0 Comments
Farolillos de cores por José Madrigal Mota
by Colaborador | Febreiro 8, 2026 | Fotográficas | 0 Comments
Tras la ventana de Vicente Méndez
by Colaborador | Febreiro 1, 2026 | Literarias | 0 Comments



