Fotografía de Dario Gancedo
Impensadamente, entras no museo, baleiro de público nesta hora morta da sesta. Percorres, sen deterte, as sás que se van sucedendo unha tras doutra, ollando apenas as ringleiras interminábeis de cadros, os asentos estratexicamente dispostos no centro de cada estancia, os carteliños con nomes e datas ao pé de cada obra. A semipenumbra da luz indirecta nas paredes dálle ao museo un algo de catedral, ou de cemiterio. Absoluto silenzo que te fai sentir alleo, absorto nas túas cavilacións, sen ninguén que repare en ti, pois os vixilantes non erguen a vista das súas mesas, presos tamén da somnolencia, do aballoamento eterno quizais.
Na última sá bates de fronte cunha figura repulsiva, a do animal que te olla dentro do seu marco dourado, preciosa cenefa de ebanistería que testemuña tempos idos e mans destras. Inmóbel, seducido polas cores descarnadas do animal, que destacan como o lume do fondo gris, apenas diferenciado do fondo xeral da sá do museo, suspendido pola viveza, polo realismo da tea, estantío, ollas de fronte o horror, o noxo encarnado no animal.
Un ente apenas bípedo, vagamente humano. A súa carne suxa, escura, de formas imprecisas. As súas extremidades deformes. A face cos ollos ardentes, salvaxes, cravados nos teus, o pánico que te mira. Arte suprema, a pintura semella ter vida propia; faite revivir medos ancestrais. Á fin, como nunha trasnada infantil das de outrora, vencendo a repulsión a duras penas, vas erguendo a man, achegándoa ao cadro. E, cando o tocas, o teu corazón xéase, de súbito tan frío e liso como a superficie de vidro e azougue que rozan os teus dedos: a superficie do espello que reflicte a túa propia imaxe.

Ramón Caride Ogando
Profesor de Bioloxía, escritor
Ramón Caride Ogando naceu en Cea, Galicia, en 1957. Estudou Bioloxía na Universidade de Santiago de Compostela e traballou como profesor de secundaria. É un prolífico escritor que cultivou diversos xéneros como a poesía, a narrativa para nenos e adultos e o ensaio. Escribe en galego, e a súa primeira obra narrativa publicouse en 1990, “Os ollos da noite. Algunhas das súas obras traducíronse ao castelán como Perigo vertical, O futuro roubado, Ameaza na Antártida ou O frío azul. Pola súa produción de literatura infantil e xuvenil, o autor galego foi recoñecido co Premio Merlín. Tamén se fixo con premios como “Risco ou Café Dublín”, polas súas novelas. É un dos fundadores da revista A Santa Compaña de Cambados(segunda época) e colaborou como columnista en El Mundo, Faro de Vigo ou O Correo Galego.
“No 2017 xubilouse do ensino formal, da escrita por agora aínda non”
máis artigos
Actividades do 29 de maio ao 4 de xuño 2023
by Ana | Maio 28, 2023 | Actividades | 0 Comments
Actividades do 22 ao 28 de Maio 2023 por Ana
by Ana | Maio 21, 2023 | Actividades | 0 Comments
Actividades do 15 ao 21 de Maio 2023 por Ana
by Ana | Maio 14, 2023 | Actividades | 0 Comments
Actividades do 1 ao 7 de Maio 2023 por Ana
by Ana | Abril 28, 2023 | Actividades | 0 Comments
Actividades do 24 ao 30 de abril 2023 por Ana
by Ana | Abril 23, 2023 | Actividades | 0 Comments
Juan Mejuto Pérez por Ana Santos Solla
by Ana | Abril 30, 2023 | Historias de vida | 0 Comments
Nieves Fernández Barrio por Ana Santos Solla
by Ana | Abril 16, 2023 | Historias de vida | 0 Comments
Rafael Sánchez-Agustino “Fis” por Ana Santos
by Ana | Marzo 10, 2023 | Historias de vida | 0 Comments
Juan Romero Ogando por Ana Santos
by Ana | Febreiro 12, 2023 | Historias de vida | 0 Comments
Marina de Sáa González por Ana Santos Solla
by Ana | Decembro 18, 2022 | Historias de vida | 0 Comments
Variacións Pérsicas (serie II): IIb. Sempre pasa por Ramón Caride
by Colaborador | Maio 28, 2023 | Literarias | 0 Comments
Horarios del mundo y España por Jesús Gayoso
by Colaborador | Maio 28, 2023 | Articulos | 0 Comments
Academia de pintura Tía Xuana por Ghislaine
by Ghislaine | Maio 28, 2023 | Artísticas | 0 Comments
Viaxe por España, 2ª parte por Manolo Gulias
by Colaborador | Maio 28, 2023 | Escapadas | 0 Comments