Fotografía de Dario Gancedo
Comezou a historia da arte un día moi, moi distante, na semiescuridade dunha cova. O primeiro artista, alguén abrumado polo caos circundante e polas ameazas mortais, procurou a fondura dun abrigo na aba da montaña, e alí decidiu representar o mundo, reconstruílo ao seu xeito. Ordenouno impoñendo un método estrito nas imaxes pintadas naquel muro: as vulvas da fertilidade, as femias grávidas, os homes armados, as cazadas, os animais abaténdose submisos baixo as frechas… Traballou, tras daquela descuberta, moitas horas, cos dedos tinguidos en sangue, en óxido, en graxa. Só, abstraído, ensumido nas súas lembranzas e soños. E longo tempo despois do solpor, á luz insegura dos fachos, lume recén domeado daquela, admirou a súa obra, á fin satisfeito. A parede cuberta polos pigmentos, feitos agora signos, sinais dun universo restaurado.
Absorto aínda na contemplación da obra primixenia, o primeiro artista non foi quen de erguer a vista e reparar na serpe que, silandeira, se ía achegando aos seus pés ata o mesmo instante de sentir a picadura. Lamentablemente había, xa daquela, seres insensíbeis á arte.

Ramón Caride Ogando
Profesor de Bioloxía, escritor
Ramón Caride Ogando naceu en Cea, Galicia, en 1957. Estudou Bioloxía na Universidade de Santiago de Compostela e traballou como profesor de secundaria. É un prolífico escritor que cultivou diversos xéneros como a poesía, a narrativa para nenos e adultos e o ensaio. Escribe en galego, e a súa primeira obra narrativa publicouse en 1990, “Os ollos da noite. Algunhas das súas obras traducíronse ao castelán como Perigo vertical, O futuro roubado, Ameaza na Antártida ou O frío azul. Pola súa produción de literatura infantil e xuvenil, o autor galego foi recoñecido co Premio Merlín. Tamén se fixo con premios como “Risco ou Café Dublín”, polas súas novelas. É un dos fundadores da revista A Santa Compaña de Cambados(segunda época) e colaborou como columnista en El Mundo, Faro de Vigo ou O Correo Galego.
“No 2017 xubilouse do ensino formal, da escrita por agora aínda non”
Daquela Maneira
máis artigos
Actividades do 25 de setembro ao 1 de outubro 2023
by Ana | Setembro 23, 2023 | Actividades | 0 Comments
Actividades do 18 ao 24 de setembro 2023
by Ana | Setembro 17, 2023 | Actividades | 0 Comments
Actividades do 11 ao 17 de setembro 2023
by Ana | Setembro 10, 2023 | Actividades | 0 Comments
Actividades do 4 ao 10 de setembro 2023 #devellabella#
by Ana | Setembro 2, 2023 | Actividades | 0 Comments
Revista do mes de Xuño 2023 por José A. Pérez Graña
by Xose Antonio Pérez Graña | Xullo 13, 2023 | Actividades | 0 Comments
Revista do mes de maio 2023 por José A. Pérez
by Xose Antonio Pérez Graña | Xuño 4, 2023 | Actividades | 0 Comments
Xulio Simón Rúa por Ana Santos Solla -devellabella-
by Ana | Setembro 17, 2023 | Historias de vida | 0 Comments
Guillermo Campos Piñón por Ana Santos -devellabella-
by Ana | Xuño 29, 2023 | Historias de vida | 1 Comment
Marisol Mato Taboada por Ana Santos
by Ana | Xuño 11, 2023 | Historias de vida | 0 Comments
Juan Mejuto Pérez por Ana Santos Solla
by Ana | Abril 30, 2023 | Historias de vida | 0 Comments
Nieves Fernández Barrio por Ana Santos Solla
by Ana | Abril 16, 2023 | Historias de vida | 0 Comments
Intolerancia por Jesús Gayoso Álvarez
by Colaborador | Setembro 24, 2023 | Articulos | 0 Comments
Ateneo de Pontevedra por Xaime Toxo
by Colaborador | Setembro 17, 2023 | Literarias | 0 Comments
A educación por Jose María Solla Casqueiro
by Colaborador | Setembro 16, 2023 | Fotográficas | 0 Comments