Viaxe a Aquitania en furgoneta

Ana Santos Solla

Viaxe soñado, viaxe adiado, viaxe ansiado. Primeiro a calor, logo os asuntos médicos e familiares… sempre algo polo medio. O que ía ser un mes enteiriño quedou en 17 días intensos, que saboreamos coma se foran un festín.

O 16 de xullo, día do Carme, puxemos a rodar a nosa Volkswagen. Non está camperizada, pero está ao noso xeito: mesa, cadeiras, un baño seco, neveira chea e todo o preciso para sentirnos na casa. Rumbo a Aquitania, Périgord Noir e Occitania… e algunha parada en España para ir facendo camiño sen présa.

Día 1. Burgos

Saímos cedo rumbo a Burgos, con dúas ou tres paradas no medio para comer algo, tomar café, ir ao baño e estirar as pernas. Ao chegar fomos directos ao cámping Fuentes Blancas: unha parcela á sombra, con electricidade, piscina aberta ata as oito da tarde. 34 euros.

Montamos mesa e cadeiras, e logo de dar unha volta polas instalacións achegámonos ao centro histórico, a só tres quilómetros. O termómetro marcaba 35º e o aire estaba cheo de moscas, mais unha brisiña empezaba a correr.

A primeira visita foi o Museo da Evolución Humana, con entrada de balde aquel día. Estaba ateigado de familias, catro plantas de contido, pero a que máis nos impresionou foi a -1, onde se amosan réplicas dos nosos antepasados e se explica a importancia dos achados de Atapuerca (1994). Alí tamén estaba reproducido o Beagle, o barco de Darwin, que deu a volta ao mundo en cinco anos para estudar —máis que descubrir— a evolución humana.

Rematamos a visita na cuarta planta, cunha visión panorámica das capas xeolóxicas e os achados de Atapuerca.

Fóra seguía a calor. Refuxiámonos nunha terraza, “La Gervasia”, cunha auga fresca á sombra, e continuamos paseando polas rúas ata que o corpo pediu descanso. De volta no cámping, sorprendeunos o silencio: a pesar das 300 prazas, a partir das once da noite o silencio era total.

Día 2. Orbaneja del Castillo – Oña – Frías

Erguémonos cedo. O son dos paxaros acompañounos no almorzo: café, torradas e froita. Ducha, e listos para a primeira parada: a Cartuxa de Miraflores.

A poucos quilómetros do cámping, esta xoia gótica —fundada en 1442 por Juan II de Castela e León— sorprende tanto pola sobriedade exterior como pola riqueza interior. Alí repousan os reis Juan II e Isabel de Portugal, pais de Isabel a Católica, nun impoñente sepulcro de alabastro obra de Gil de Siloé, policromado por Diego de la Cruz. Un retablo espectacular, un tríptico flamenco do XV, dous coros de madeira labrada… Todo por só 5 euros. A visita pechámola na capela de San Tirso e nun pequeno xardín secreto, onde o tempo parecía deterse.

……….   Ler máis

saint Jean
les ezeys
Domme
Ana Santos Solla

Ana Santos Solla

Profesora de Educación Física

Son Ana Santos, nacín en Pontevedra no ano 1960, a miña infancia estivo moi ligada a Santa María de Xeve, a terra da miña nai, son a terceira de 8 irmáns, a maior das mozas, a máis vella como me dicían de pequena. Sempre me gustou o deporte e estudei INEF en Madrid, estiven 34 anos no IES Valle Inclán impartindo Educación Física alí foi onde coñecín ao resto dos meus compañeiros que agora me acompañan neste proxecto. Decidín xubilarme para dar un novo rumbo á miña vida e levar a cabo este tipo de iniciativas como @devellabella ue pretende que o envellecemento activo convértase en embelecemento persoal e poder achegar a miña experiencia nesta etapa da vida.

Nós os maiores aínda temos moita guerra que dar, espero que este blogue motívevos a querer colaborar connosco.

Campiña inglesa: Bath e Bristol

A illa do Hierro

De Bolonia a Rávena

Aix en Provence

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥