Viaxe a Brasil 1ª parte

Manolo Gulías Márquez

VIAXE a Brasil en Xuño do 1989

(Primeira PARTE)     

Fixemos unha viaxe a Brasil, os tres membros da familia, cunha duración de preto dun mes a finais de xuño do ano 1989. A primeiros de xullo do ano 2002 fixemos a nosa segunda viaxe ó mesmo país.

Nesta segunda viaxe vimos o mesmo que na primeira e algo máis, pero noutra compañía.

Repetimos tódolos sitios, non sendo que na primeira fomos á cidade de Maceió, no nordeste brasileiro, e na segunda viaxe non o fixemos, pero fomos a máis lugares que da primeira vez.

Brasil é un país excepcional onde poderiamos perfectamente vivir si non foran os moitos motivos que nos atan á nosa terra.

Nas dúas viaxes a cousa comezou igual: collemos o taxi que nos mandou a compañía aérea dende Portugal para trasladarnos ó aeroporto Francisco Sá Carneiro de Oporto. Daquela a terminal de saídas e chegadas era pouco máis ca un pequeno galpón.

A primeira vez fomos os tres nun avión  McDonnell Douglas DC 10-30 da compañía brasileira Varig cunha capacidade para algo máis de 230 pasaxeiros.

A segunda vez que fomos tamén veu buscarnos un taxista, que nos levou ó aeroporto de Oporto, pero nesta ocasión tan só iamos a muller e eu e a terminal do aeroporto xa era outra cousa.

O avión que nos levou nesta ocasión era un Airbús da compañía Tap portuguesa.

As dúas veces, despois de facer escala en Lisboa e en Río de Xaneiro, sobre as seis ou sete da tarde chegamos ó aeropuerto internacional de Guarulhos en Sao Paulo, onde nos estaba esperando a familia.

O aeroporto de Guarulhos tamén coñecido como aeroporto de Cumbica fora inaugurado no ano 1985, poucos anos antes da nosa primeira viaxe, ten tres grandes terminais e unha extensión de 14 millóns de metros cadrados, pouco máis que o de Oporto cando viaxamos por primeira vez…

Dende o aeroporto ó centro de Sao Paulo hai como 25 quilómetros de distancia, que en autobús pode ser unha hora e en taxi pouco menos e dependendo do tráfico pódense tardar ata dúas horas.

Nós tiñamos o coche da familia, que nos veu a recibir, e a casa deles, un fermoso chalé de tres plantas con piscina interior, está a medio camiño. Viven na Avenida Sao Bento, no barrio residencial Vila Rosalía, tamén no concello de Guarulhos, co que indo con calma tardamos unha media hora en chegar.

Pincha no PDF da dereita para ler a viaxe completa

  CATEDRAL METROPOLITANA E MARCO ZERO NA PRAZA DA SÉ
museo paulista brasil
cataratas iguazú
Manolo Gulias Márquez

Manolo Gulias Márquez

Docente

Xosé Manuel Gulías Márquez naceu en Pontevedra en 1952, pero foi bautizado en Forcarei de onde eran seus pais. En 1983 aprobou as oposicións por ciencias logo fixo a especialidade de galego e daba as clases nesa lingua. O seu último destino levouno ao instituto onde estudou, é dicir ao Valle Inclán, non podía estar máis feliz xa que despois de case 20 anos non tivo que volver coller o coche. Neste instituto estivo 18 anos ata que con 65 xubilouse, porque xa tiña o tempo de servizo e xa tocaba. Colabora con nós relatando as súas viaxes e os seus relatos.

Viaxe por A Coruña 1ª parte

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥