Viaxe a Córdoba

Manolo Gulías Márquez

VIAXE a Córdoba en Novembro do 2022

O luns, día catorce de novembro de 2022, saímos co coche de Pontevedra a iso das sete e media da mañá con rumbo á autopista AP-9 coa idea de chegar a Cáceres para durmir pero facendo antes algunha parada de mantemento.

Chovía tal cantidade e auga que en vez de ver a autopista intuiámola. Caía a caldeiros.

Continuamos pola A-52 ata enlazar coa A-6 e pasado un pouco de Benavente collemos a A-66 que nos levaría camiño de Zamora e cara Salamanca.

Non paramos en ningunha das dúas cidades. En Zamora estiveramos varios días a finais de xullo do ano 2018 e en Salamanca a mediados de xuño deste mesmo ano 2022.

A primeira idea era parar en Bejar, pero como o mal tempo continuaba seguimos ata Plasencia a onde chegamos á unha da tarde máis ou menos.

Na vila extremeña tamén estiveramos non facía moito tempo pero aínda así antes de poñernos a comer estivemos visitando varios monumentos.

A primeira visita foi á Praza Maior, onde logo nun restaurante xantamos. Alí apreciamos o edificio do concello de dúas plantas no que destacan o bonito escudo do emperador Carlos I na esquina e a torre do reloxo. Estivemos esperando a que o avó Mayorga fixera soar a campá do dito reloxo.

Dende a Praza Maior collemos pola rúa San Esteban pasando por diante da igrexa……….

Pincha no PDF da dereita para ler a viaxe completa

palacio da merced córdoba
tabernáculo Córdoba
Torre da Malmuerta
Manolo Gulias Márquez

Manolo Gulias Márquez

Docente

Xosé Manuel Gulías Márquez naceu en Pontevedra en 1952, pero foi bautizado en Forcarei de onde eran seus pais. En 1983 aprobou as oposicións por ciencias logo fixo a especialidade de galego e daba as clases nesa lingua. O seu último destino levouno ao instituto onde estudou, é dicir ao Valle Inclán, non podía estar máis feliz xa que despois de case 20 anos non tivo que volver coller o coche. Neste instituto estivo 18 anos ata que con 65 xubilouse, porque xa tiña o tempo de servizo e xa tocaba. Colabora con nós relatando as súas viaxes e os seus relatos.

Tenerife 1ª parte

Tenerife 2ª parte

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥