Viaxe a Cuba 1ª parte

Esta viaxe a Cuba comeza 8 de febreiro 2020 e remata o 28 do mesmo mes.

 Esta viaxe divídese en dúas partes, a primeira parte contámosche dende o principio, a chegada á Habana a Viñales, e a segunda parte o que imos visitar é  Cienfuegos, Playa Girón, Matanzas e de novo a Habana

 Foron 20 días intensos, e como non eran moitos, eliximos cidades e vilas que puideramos coñecer e desfrutar, sen perder tempo, e tendo en conta que os desprazamentos eran un caos. Seguimos o mesmo plan que noutras viaxes, tres dias nunha vila ou cidade e ao cuarto mudar de lugar, agás na Habana, xa que estivemos 8 dias en total. Ao chegar foron cinco días seguidos, sabiamos que unha amiga  estaba en Cuba, que regresaba a España neses días, e non podiamos deixar de vernos, acordamos reunirnos na Habana, foi xenial, e logo volvemos á Habana, onde estivemos  tres días  antes de regresar a España. saber máis 

Sara Valenzuela Viz

Sara Valenzuela Viz

Profesora de Historia

Nacín na parroquia de Santirso de Manduas, en Bandeira. Aos nove anos mandáronme estudar a Santiago e alí pasei uns cantos anos da miña vida, xa que logo fixen Filosofía e letras e liciencieme en Xeografía-Historia.

Exercín de profesora percorrendo moitos centros educativos das catro provincias, penso que de aí vén o que me gusta viaxar.

Levo en Pontevedra 27 anos, nesta fermosa cidade coñecín a unha parte dos integrantes do blog devellabella, no IES Valle Inclán e tamén no Frei Martín Sarmiento. Con eles vivín moitas aventuras, dende a nosa dedicación común ao teatro a festas diversas relacionadas co noso traballo, e sempre me sentín en total confianza.

Levo xubilada dous anos e procuro aproveitalo ao máximo, sobre todo facendo viaxes.

Viaxe aos países do Leste III

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥