Viaxe a Mallorca 2ª parte
Manolo Gulías MárquezComo había que ir ata o porto de Alcudia, para coller o ferri das oito e media da mañá, que nos levaría ata Ciutadella na illa de Menorca, o día catro de marzo tivemos que levantarnos a iso das cinco da mañá.
Antes de saír había que almorzar a partir das seis da mañá, coller o autocar ás seis e vinte, e percorrer uns setenta e cinco quilómetros que ó autobús lle levarían unha hora e media aproximadamente.
Non nos podíamos esquecer de levar o ticket da excursión, que xa pagaramos, nin o carné de identidade se queriamos subir ó barco.
Subidos ás oito da mañá, no buque Margarita Salas da empresa Balearia, ás oito e media en punto puñemos rumbo ó porto de Ciudadella a onde iamos chegar ás dez menos cuarto despois de unha hora e cuarto de navegación.
Mesmo á baixada do barco tivemos que pasar unha especie de aduana, non sei por que, e despois diso subimos ó autobús que nos esperaba para levarnos ata a cidade de Maó, capital de illa de Menorca e sede do Consello Insular.
Esta cidade foi fundada por un xeneral cartaginés, irmán de Aníbal, chamado Magón, de aí o seu nome. A actual cidade de Maó ou Mahón, capital da illa de Menorca, cunha poboación de pouco máis de vintecatro mil habitantes, iníciase a partir do Castelo que manda fortificar de novo e de edificar unha igrexa baixo a advocación de Santa María o rei Alfonso III de Aragón, despois de conquistar a illa ós musulmáns no ano 1287. Nas distintas épocas foi ocupada polos romanos, os vándalos, polo Califato de Córdoba, despois conquistouna Alfonso III de Aragón, no ano 1708 pasou a ser británica… a historia da cidade é unha farta de cambios de dono…
Pincha no PDF da dereita para ler a viaxe completa

Manolo Gulias Márquez
Docente
Xosé Manuel Gulías Márquez naceu en Pontevedra en 1952, pero foi bautizado en Forcarei de onde eran seus pais. En 1983 aprobou as oposicións por ciencias logo fixo a especialidade de galego e daba as clases nesa lingua. O seu último destino levouno ao instituto onde estudou, é dicir ao Valle Inclán, non podía estar máis feliz xa que despois de case 20 anos non tivo que volver coller o coche. Neste instituto estivo 18 anos ata que con 65 xubilouse, porque xa tiña o tempo de servizo e xa tocaba. Colabora con nós relatando as súas viaxes e os seus relatos.
máis artigos
♥♥♥ síguenos ♥♥♥