Viaxe a Nueva York

A mediados de agosto do ano 2009 acordamos facer unha viaxe, se aínda era posible, pois tiñamos que estar de novo na casa antes do final de mes, en setembro había que traballar, ademais estaba rematando o bo tempo e non sairamos de paseo a ningún lado. Nunha axencia de viaxes, con catálogos na man, parecía que para facer un circuíto era bastante tarde e propuxéronnos ir a unha gran cidade unha semana: París, Roma, Londres, Praga, Lisboa… estas xa as coñeciamos…, entón dixéronnos por que non ir a New York. Pois vale.

A axencia fixo os trámites para o visado que se requería para entrar nos Estados Unidos, reserváronnos os voos de ida e volta e un taxi que nos esperara para levarnos do aeroporto ó hotel e o mesmo ó rematar a nosa estancia.

Pincha no PDF da dereita para ler a viaxe completa

Manolo Gulias Márquez

Manolo Gulias Márquez

Docente

Xosé Manuel Gulías Márquez naceu en Pontevedra en 1952, pero foi bautizado en Forcarei de onde eran seus pais. En 1983 aprobou as oposicións por ciencias logo fixo a especialidade de galego e daba as clases nesa lingua. O seu último destino levouno ao instituto onde estudou, é dicir ao Valle Inclán, non podía estar máis feliz xa que despois de case 20 anos non tivo que volver coller o coche. Neste instituto estivo 18 anos ata que con 65 xubilouse, porque xa tiña o tempo de servizo e xa tocaba. Colabora con nós relatando as súas viaxes.

Viaxe a Túnez

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥