Viaxe a Panamá
Sara Valenzuela VizXaneiro 2024. Decidimos facer unha viaxe un pouco longa, os lugares pedíano, fomos 15 días a Panamá e outros 15 ao suroeste de EE.UU.
Saímos de Madrid. Unha visita rápida a Ana e a Dani e esa noite durmimos alí e ceamos con eles.
O día 31 voamos. Once horas de viaxe. Para Benito entre os viños que nos deron no avión e un par de tranquimazins, a viaxe foi bastante ben, e eu entre películas e a lectura que tiña no meu ebook, ben tamén.
E chegamos a Panamá.
En primeiro lugar, gustaríame dicir que os panameños/as son moi simpáticos, agradables, atentos e dispostos sempre a axudar. No aeroporto compramos unha tarxeta de datos para dispoñer de conexión e evitar os sablazos de Vodafone. Idea inútil porque, como non quitaramos a tarxeta española por se producía algunha chamada urxente, Vodafone quere cobrarnos 12 euros por día e, claro, estamos a facer unha reclamación pedindo que nos devolvan todo o que nos meteron nas facturas, case 500 euros. Temos todas as capturas de pantalla que mostran que usamos a tarxeta do país. En fin…
Sara Valenzuela Viz
Profesora de Historia
Nacín na parroquia de Santirso de Manduas, en Bandeira.
Aos nove anos mandáronme estudar a Santiago e alí pasei uns cantos anos da miña vida, xa que logo fixen Filosofía e letras e liciencieme en Xeografía-Historia.
Exercín de profesora percorrendo moitos centros educativos das catro provincias, penso que de aí vén o que me gusta viaxar.
Levo en Pontevedra 27 anos, nesta fermosa cidade coñecín a unha parte dos integrantes do blog devellabella, no IES Valle Inclán e tamén no Frei Martín Sarmiento. Con eles vivín moitas aventuras, dende a nosa dedicación común ao teatro a festas diversas relacionadas co noso traballo, e sempre me sentín en total confianza.
Levo xubilada dous anos e procuro aproveitalo ao máximo, sobre todo facendo viaxes.
Neste proxecto vou poñer o meu graniño de area, e espero que sexa do voso agrado
máis artigos
♥♥♥ síguenos ♥♥♥