Viaxe por Polonia 2ª parte

Manolo Gulías Márquez

  O quinto día da nosa estancia en Polonia, vintenove de agosto, despois do almorzo, saímos en dirección a Torun unha das dúas capitais do Voivodato de Cuyavia e Pomerania.
Cando levabamos percorridos preto de douscentos quilómetros e sentados no autobús algo máis de dúas horas estabamos na cidade polaca de Torun.

DeÁs dez e cuarto da mañá estábamos diante do chamativo e moderno Centro Cultural e de Congresos Jordanki, inaugurado en decembro do ano 2015 obra do arquitecto español Fernando Menis.

Dende alí, coma en tódolos lugares que pisamos, encamiñámonos a Praza da Cidade Vella, antiga Praza do Mercado onde entre outras edificacións está a Casa do Vello Concello e multitude de restaurantes e tendas. O antigo concello de Torun, unha obra maestra do gótico, erixido coa súa forma actual no século XIV. É un dos edificios de ladrillo deste tipo máis grandes do continente e é o edificio máis importante do casco antigo da cidade. Na actualidade alberga a sede principal do Museo do Distrito de Torun. Dende o alto da torre hai unha vista magnífica do casco histórico da cidade e do río Vístula.

Pincha no PDF da dereita para ler a viaxe completa

Torun
Copérnico
polonia por Gulias
Manolo Gulias Márquez

Manolo Gulias Márquez

Docente

Xosé Manuel Gulías Márquez naceu en Pontevedra en 1952, pero foi bautizado en Forcarei de onde eran seus pais. En 1983 aprobou as oposicións por ciencias logo fixo a especialidade de galego e daba as clases nesa lingua. O seu último destino levouno ao instituto onde estudou, é dicir ao Valle Inclán, non podía estar máis feliz xa que despois de case 20 anos non tivo que volver coller o coche. Neste instituto estivo 18 anos ata que con 65 xubilouse, porque xa tiña o tempo de servizo e xa tocaba. Colabora con nós relatando as súas viaxes e os seus relatos.

Tenerife 1ª parte

Tenerife 2ª parte

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥