Viaxe a Tenerife 1ª parte

Manolo Gulías Márquez

VIAXE a Tenerife en Decembro do 2022

(Primeira PARTE)     

A nosa primeira experiencia coas excursións do Imserso foi unha viaxe a Canarias, á illa de Tenerife. Xa estando de volta temos que recoñecer que foi moi positiva.

Despois de facer a reserva nunha axencia de viaxes e adxudicado o destino, mandáronnos estar na Estación de Autobuses de Pontevedra o luns día 12 de decembro ás 13,30 para coller o transporte, procedente de Vigo, que nos levaría ó aeroporto Rosalía de Castro de Santiago de Compostela.

Antes de emprender a marcha informámonos sobre Tenerife e aí nos enteramos de que as primeiras testemuñas fiables sobre as illas débense a Plinio, que no século I nos fala dunha expedición enviada polo rei Juba cara as illas da que lle levaron como recordó da aventura uns enormes cans, dos que se deriva o nome do arquipélago: Canarias, de can ou cans.

As illas, ata a súa conquista polos europeos, que se prolongou ó longo de case todo o século XV, estaban habitadas por unha poboación posiblemente de orixe norteafricano. Alonso Fernández de Lugo venceu ós guanches conquistando Tenerife.

Parecíanos que nos levaba algo cedo un ómnibus da empresa “Viuda de Cándido” porque o voo saía ás 17,30  e pensábamos comer algo no aeroporto antes de subir ó avión, pero a nosa sorpresa foi que nos levaron a un restaurante na estrada vella que conduce dende o aeroporto á cidade de Santiago de Compostela, o Restaurante Sabugueira, onde comemos moi decentemente antes de subir de novo ó autocar que nos levou directamente ó aeroporto.

Alí estaba esperando unha empregada da empresa Mundiplan que tomou lista por si alguén se lle perdera polo camiño.

Pincha no PDF da dereita para ler a viaxe completa

mirador de xerfe
mirador Drago
vexetación
Manolo Gulias Márquez

Manolo Gulias Márquez

Docente

Xosé Manuel Gulías Márquez naceu en Pontevedra en 1952, pero foi bautizado en Forcarei de onde eran seus pais. En 1983 aprobou as oposicións por ciencias logo fixo a especialidade de galego e daba as clases nesa lingua. O seu último destino levouno ao instituto onde estudou, é dicir ao Valle Inclán, non podía estar máis feliz xa que despois de case 20 anos non tivo que volver coller o coche. Neste instituto estivo 18 anos ata que con 65 xubilouse, porque xa tiña o tempo de servizo e xa tocaba. Colabora con nós relatando as súas viaxes e os seus relatos.

Viaxe por a Brasil 1ª parte

Viaxe a Brasil 2ª parte

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥