Viaxe a Tenerife 2ª parte

Manolo Gulías Márquez

VIAXE a Tenerife en Decembro do 2022

(Segunda PARTE)     

Ás nove da mañá, despois de tomar lista o mesmo guía que tiveramos na nosa primeira excursión, subimos ó autobús. Chegamos ó primeiro mirador do Parque Nacional das Cañadas do Teide a iso das once e cuarto da mañá e pouco despois paramos noutro chamado Mirador la Catedral onde vimos o que foron os distintos ríos de lava que baixaban da cima. O primeiro monte que se ve é o chamado Pico Viejo.

No mirador Llano de Ucanca gracias a un panel informativo enterámonos de que o monte do Teide é a terceira estructura volcánica do planeta con 3.718 metros de altitude. Sen embargo queda moi pequeno cando o comparamos co volcán máis grande do sistema solar, o monte Olimpo, no planeta Marte. Non nos preocupamos.

Dende outros miradores onde paramos estivemos vendo diversas vistas do monte pero o mellor de todos, para o meu gusto e onde están os Roques de García e o Roque Cinchado que saía nos billetes de mil pesetas.

O parador nacional de turismo do Teide está mesmo onde se atopa o mirador de Roques de García. Hoxe probablemente non o deixarían contruír por ser o parque nacional protexido.

Dende este mirador fomos no autobús ata a base do Teide onde está o teleférico que leva ata douscentos metros da cúspide, anaco que habería que andar a pé. Non subimos porque non estaba previsto na excursión. A nós gustaríanos ir ata arriba anque xa o fixeramos nunha anterior viaxe ás Illas Canarias.

Visto o visto e de novo no autobús parámonos noutro mirador para observar o Pico Viejo a 3.100 metros de altitude e con un cráter de 800 metros de diámetro que despois de varios terremotos tivo a última erupción no ano 1798 e durou noventa e dous días.

Pincha no PDF da dereita para ler a viaxe completa

teide gulias
Altar maior, tenerife
no barco en tenerife
Manolo Gulias Márquez

Manolo Gulias Márquez

Docente

Xosé Manuel Gulías Márquez naceu en Pontevedra en 1952, pero foi bautizado en Forcarei de onde eran seus pais. En 1983 aprobou as oposicións por ciencias logo fixo a especialidade de galego e daba as clases nesa lingua. O seu último destino levouno ao instituto onde estudou, é dicir ao Valle Inclán, non podía estar máis feliz xa que despois de case 20 anos non tivo que volver coller o coche. Neste instituto estivo 18 anos ata que con 65 xubilouse, porque xa tiña o tempo de servizo e xa tocaba. Colabora con nós relatando as súas viaxes e os seus relatos.

Viaxe por a Brasil 1ª parte

Viaxe a Brasil 2ª parte

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥