Viaxe a Toledo
Manolo Gulías MárquezVIAXE a Ciudad Real e Toledo en Novembro do 2022
O día dezasete saímos con rumbo cara o norte pola A-4 ata enlazar coa A-43 e chegamos a Ciudad Real cando eran pouco pasadas as dez e media da mañá.
Estacionamos o coche no parking da Praza da Constitución, mesmo fronte de onde está o edificio da Deputación Provincial construido por Santiago Rebollar.
Pola rúa de Toledo e logo a de María Cristina chegamos á Praza Maior e demos un paseo por ela e polos seus soportais.
É moi curioso o edificio da Casa do Concello de estilo neogótico construido polo arquitecto Fernando Higueras. Alí nos diriximos porque no seu baixo é onde está a oficina de turismo e nela nos deron un plano da cidade marcándonos os puntos de maior interese, pero o que máis chama a atención nesta praza quizais sexa a Casa do Arco, que pertence ó antigo concello. Un edificio do século XV aínda que a fachada é do século XVIII. Dende o ano 2005, con motivo do 750 aniversario da cidade instalouse nela un reloxo de carillón do que saen a certas horas do día as figuras autómatas de Miguel de Cervantes, don Quixote e Sancho Panza.
Case diante da Casa do Arco está a estatua de Alfonso X o Sabio fundador da cidade presidindo unha moderna fonte.
Ciudad Real ten moitas máis cousas interesantes para ver: a Catedral de Santa María do Prado, a Igrexa de Santiago, a de San Pedro, museos, xardíns, pero…
Como queriamos parar aínda en Toledo e seguir logo para dormir en Avila non nos entretivemos demasiado. Collemos de novo o coche e un pouco antes da unha da tarde estábamos pasando a Porta de Bisagra, de orixe musulmán, para chegar onda a Praza de Zocodover na rúa Carlos V camiño do parking Indigo Corralillo de San Miguel ó lado do Alcázar de Toledo.
A Porta da Bisagra foi remodelada baixo os reinados de Carlos V e Felipe II. Entre os seus elementos destaca o escudo imperial de Toledo con aguia bicéfala e falqueado por dous grandes torreóns.
Toledo é unha cidade ben coñecida xa por nós pero sempre é agradable dar outra volta por ela e foi o que fixemos…..
Pincha no PDF da dereita para ler a viaxe completa




Manolo Gulias Márquez
Docente
Xosé Manuel Gulías Márquez naceu en Pontevedra en 1952, pero foi bautizado en Forcarei de onde eran seus pais. En 1983 aprobou as oposicións por ciencias logo fixo a especialidade de galego e daba as clases nesa lingua. O seu último destino levouno ao instituto onde estudou, é dicir ao Valle Inclán, non podía estar máis feliz xa que despois de case 20 anos non tivo que volver coller o coche. Neste instituto estivo 18 anos ata que con 65 xubilouse, porque xa tiña o tempo de servizo e xa tocaba. Colabora con nós relatando as súas viaxes e os seus relatos.
máis artigos
♥♥♥ síguenos ♥♥♥