Viaxe a Túnez

No verán do ano 2005 realizamos unha viaxe de oito días a Túnez, non o  pensamos demasiado, había voos directos dende o aeroporto de Lavacolla de  Santiago de Compostela e iso foi case determinante para decidirnos. Os transbordos,  as esperas nos aeroportos… No avión das liñas aéreas tunecinas embarcamos rumbo  á cidade de Túnez nun bo día de primeiros de agosto que era domingo. Pensabamos  que o país tunecino ó mellor non tiña moito que ver, pero eran oito días fóra da  monotonía de todo o ano. En menos de tres horas aterramos no aeroporto de  Túnez-Cartago, a oito quilómetros da cidade de Túnez, onde nos recolleu un guía  para levarnos ó hotel situado nun lugar céntrico da capital.

Pincha no PDF da dereita para ler a viaxe completa

Manolo Gulias Márquez

Manolo Gulias Márquez

Docente

Xosé Manuel Gulías Márquez naceu en Pontevedra en 1952, pero foi bautizado en Forcarei de onde eran seus pais. En 1983 aprobou as oposicións por ciencias logo fixo a especialidade de galego e daba as clases nesa lingua. O seu último destino levouno ao instituto onde estudou, é dicir ao Valle Inclán, non podía estar máis feliz xa que despois de case 20 anos non tivo que volver coller o coche. Neste instituto estivo 18 anos ata que con 65 xubilouse, porque xa tiña o tempo de servizo e xa tocaba. Colabora con nós relatando as súas viaxes.

Viaxe a Nueva York

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥