Viaxe aos EEUU

Sara Valenzuela Viz

Voltamos de Menorca, unha illa moi bonita, e tiñamos pensado facer unha viaxe a EEUU, antes da chegada do verán, xa que en xullo e agosto estase mellor na casiña, e así foi. Vouvos contar as nosas experiencias.

O primeiro lugar que visitamos foi Atlanta, aquí alugamos un piso, e tamén seria  a cidade á que regresariamos para voar a Madrid. De Atlanta no estado de Georgia, fomos a Nova Orleans en Louisiana, seguido de Houston e Dallas en Texas, Oklahoma City, capital do estado do mesmo nome, Denver e  Gramby en Colorado, Thomson Springs en Utah, Dinosaur de novo en Colorado e Cheyenne en Wyoming. Volvemos a Denver, de aí a Atlanta, Madrid e Pontevedra, para casa. Fixemos viaxes en autobuses, avións domésticos, alugamos un coche. Foi unha boa experiencia. Pasaron moitos contratempos, pero todos se superaron, atrasos de 4 horas no autobús e ninguén dixo por que, tamén cancelación do bus sen devolución, e aviso despois das 5h:30 de espera, e iso contradiciu os nosos plans, xa que reservaramos un piso na seguinte parada e polo tanto  non tiñamos onde quedar esa noite, o cal nos obrigou buscar solucións, pero  todo se arranxou. O malo foi perder un día da nosa viaxe. E máis cousiñas,,, pero xa vos irei contando.

 Voamos de Madrid a Atlanta e unha vez que chegamos, atopámonos con que ía unha calor terrible, fomos na procura do piso, e como xa era tarde  saímos a dar un paseo para coñecer a cidade, buscamos un supermercado, para tomar algo e almorzar en “casiña” xa que o ambiente nas rúas non ofrecía moitos alicientes. Ao día seguinte comeza a viaxe de verdade e fomos percorrendo a cidade.

 Atlanta é unha das cidades máis importantes dos Estados Unidos e nela naceron dous dos mitos máis notables e simbólicos do país e mesmo do mundo, a Cocacola e Martin Luter King Jr. No ano 1996 celebráronse as olimpiadas que deixaron unha clara impronta na cidade. En Atlanta tamén nos atopamos coa sede mundial da cadea CNN que se atopa nun edificio que se pode visitar. Empezamos coñecendo o típico barrio americano de Cinco Puntos, moi singular e con moreas de bares, tendas e galerías de arte, logo dirixímonos ao centenario Parque Olímpico onde están algunhas das atraccións máis importantes da cidade: o museo de Cocacola, o acuario e o museo dos Dereitos Humanos. 

saber máis

Luter King
viaxe a EEUU
Viaxe aos EEUU
Sara Valenzuela Viz

Sara Valenzuela Viz

Profesora de Historia

Nacín na parroquia de Santirso de Manduas, en Bandeira.

Aos nove anos mandáronme estudar a Santiago e alí pasei uns cantos anos da miña vida, xa que logo fixen Filosofía e letras e liciencieme en Xeografía-Historia.

Exercín de profesora percorrendo moitos centros educativos das catro provincias, penso que de aí vén o que me gusta viaxar.

Levo en Pontevedra 27 anos, nesta fermosa cidade coñecín a unha parte dos integrantes do blog devellabella, no IES Valle Inclán e tamén no Frei Martín Sarmiento. Con eles vivín moitas aventuras, dende a nosa dedicación común ao teatro a festas diversas relacionadas co noso traballo, e sempre me sentín en total confianza.

Levo xubilada dous anos e procuro aproveitalo ao máximo, sobre todo facendo viaxes.

Neste proxecto vou poñer o meu graniño de area, e espero que sexa do voso agrado

Menorca

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥