Viaxe aos EEUU 2ª parte

Sara Valenzuela Viz

EEUU 5 xuño. Segunda parte. Oklahoma City , Gramby ,Thomson Springs-

A nosa viaxe continúa.

 Estamos a 5 de xuño, hoxe toca viaxar cara  a Oklahoma, concretamente imos a Oklahoma City e agárdannos unhas cantas horas de bus. Pero a xornada non comeza ben, chegamos á estación de autobuses para coller o Greyhound que sae ás 6:30, e ás 6:40 dinnos que o autobús vai ter un atraso de 2 ou 3 horas, que non hai chofer. Aquí ninguén di nada, todos esperan e con resignación, pasan as horas e non hai noticias, e o que hai é contraditorio, comentarios duns e doutros, os empregados da compañía non saben nada e finalmente despois de 5 horas, dinnos que queda cancelado e que non hai billetes de autobús, ata  dentro de dous días, e se o queriamos ben, e se non, non nos devolverían o diñeiro. Tiñamos un piso reservado en Oklahoma, tiñamos que buscar alternativas, facer algo, os voos para o día moi caros, 800 euros, o único tren saía moi xusto e ademais tiñamos que ir a Forth Worth primeiro, que está moi cerca pero os horarios tiñan que ser moi axustados para conseguir coller o último tren de Forth Worth a Oklahoma City, moi apretados, e se non chegabamos ao tren, estabamos presos outra vez. Tamén na estación, había un pai e unha filla que estaban na mesma situación que nós, eran mexicanos, ían visitar o seu fillo e irmán e fálannos doutra empresa mexicana de autobuses, que trae xente de México a USA, e que pasa por Oklahoma, que hai un espazo libre, a empresa chámase El Conejo; pareceunos gracioso, unha broma, pero existía…., chamamos pero non nos fixeron a reserva, porén nos confirmounos que quedaban 2 prazas, a estación de El Conejo estaba lonxe da cidade e collimos un FLY,  eran as 15:30. mercamos o billete e tivemos que agardar ata as 22.00 horas. que é cando sae o autobús, PERDEMOS case un día no noso novo destino Ocklahoma City

Saber máis

Oklahoma
Gran Lake
viaxe a EEUU 2
Sara Valenzuela Viz

Sara Valenzuela Viz

Profesora de Historia

Nacín na parroquia de Santirso de Manduas, en Bandeira.

Aos nove anos mandáronme estudar a Santiago e alí pasei uns cantos anos da miña vida, xa que logo fixen Filosofía e letras e liciencieme en Xeografía-Historia.

Exercín de profesora percorrendo moitos centros educativos das catro provincias, penso que de aí vén o que me gusta viaxar.

Levo en Pontevedra 27 anos, nesta fermosa cidade coñecín a unha parte dos integrantes do blog devellabella, no IES Valle Inclán e tamén no Frei Martín Sarmiento. Con eles vivín moitas aventuras, dende a nosa dedicación común ao teatro a festas diversas relacionadas co noso traballo, e sempre me sentín en total confianza.

Levo xubilada dous anos e procuro aproveitalo ao máximo, sobre todo facendo viaxes.

Neste proxecto vou poñer o meu graniño de area, e espero que sexa do voso agrado

EEUU parte 1ª

máis artigos

♥♥♥ síguenos ♥♥♥