Viaxe por España e Portugal 1ª parte
Manolo Gulías MárquezPRIMEIRA PARTE, DE PONTEVEDRA A SALAMANCA
Saímos no coche o luns 13 de xuño a iso das nove da mañá. A nosa intención era ir ver ese día de primeiro o mosteiro de santo Estevo de Ribas de Sil que está na provincia de Ourense e chegar a tempo de ir ver os canóns do Sil no catamarán que fai a viaxe ás 12 da mañá.
A ruta que seguimos foi primeiro meténdonos pola autopista AP-9 en dirección a Vigo, logo pola A-53 e a OU-11. Entrando en Ourense continuamos pola beira do río Miño seguindo a estrada cara a Ribeira Sacra, e indo a modo, en pouco máis de hora e media estabamos diante do mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil.
Este mosteiro, que está na parroquia do mesmo nome, pertence ó concello Ourensán de Nogueira de Ramuín, situado no que chamamos a Ribeira Sacra e que todos coñecemos, entre outras cousas, pola calidade do seu viño.
Na actualidade é un hotel da rede de Paradores de Turismo e foi declarado monumento nacional no ano 1923 e ben de Interés Cultural no ano 1985.
Só aparcar o coche no adro pasamos á parte visitable anque forma parte do parador.
Como acostuma a suceder nestes casos, non puidemos entrar na igrexa porque estaba pechada.
Este mosteiro foi construído entre os séculos XII e XVIII. Anque a tradición di que foi fundado no século VI por san Martín Durmiense. Pincha no PDF da dereita para ler a viaxe completa

Manolo Gulias Márquez
Docente
Xosé Manuel Gulías Márquez naceu en Pontevedra en 1952, pero foi bautizado en Forcarei de onde eran seus pais. En 1983 aprobou as oposicións por ciencias logo fixo a especialidade de galego e daba as clases nesa lingua. O seu último destino levouno ao instituto onde estudou, é dicir ao Valle Inclán, non podía estar máis feliz xa que despois de case 20 anos non tivo que volver coller o coche. Neste instituto estivo 18 anos ata que con 65 xubilouse, porque xa tiña o tempo de servizo e xa tocaba. Colabora con nós relatando as súas viaxes e os seus relatos.
máis artigos
♥♥♥ síguenos ♥♥♥