Viaxe por España e Portugal 2ª parte
Manolo Gulías MárquezSEGUNDA PARTE, DE SALAMANCA A PONTEVEDRA
O día dezaseis de xuño puñémonos en camiño cara Ciudad Rodrigo rumbo a Portugal. Eran preto das dez e cuarto cando tiñamos aparcado o coche nun bo lugar que teñen fronte ó mercado municipal de abastos, para no posible evitar que os automóviles pasen para dentro da muralla.
A muralla medieval mide algo máis de dous quilómetros e ten seis portas de entrada, consérvase moi ben e dentro dela incluso se poden ver os impactos que provocaron os canóns dos franceses na torre da catedral e en outros edificios.
Paseando fomos pola veirarrúa da dereita que é por onde mandan entrar a xente que vai a pé. Só traspasar a muralla do mesmo lado está a Catedral que miramos por fóra porque non abría ata as once e media. Indo pola rúa Pacheco Sánchez pasamos a praza Mazarrasa e a do Buen Alcalde chegando nun instante á Praza Maior onde hai varios edificios singulares.
O primeiro que miramos foi a casa do concello que está na cima da praza. O corpo frontal do edificio foi levantado na primeira metade do século XVI e no ano 1923 engadíronlle os laterais. A un lado e a outro ten dúas pequenas torres, a da esquerda con tres blasóns, e no medio un campanario no que colga unha campá. Tanto o baixo como o primeiro piso están porticados.
Na mesma praza estivemos contemplando a Casa dos Cueto ou do Primeiro Marqués de Cerralbo construída na primeira metade do século XVI e na que destacan o friso de adornos platerescos e escudos de armas.
Ó lado está o Palacio da Antiga Audiencia e cárcere de estilo neoclásico e cunha porta de arco adintelado, foi reconstruida no ano 1791. No ano 1556 xa era cárcere e máis tarde foi audiencia.
Pincha no PDF da dereita para ler a viaxe completa

Manolo Gulias Márquez
Docente
Xosé Manuel Gulías Márquez naceu en Pontevedra en 1952, pero foi bautizado en Forcarei de onde eran seus pais. En 1983 aprobou as oposicións por ciencias logo fixo a especialidade de galego e daba as clases nesa lingua. O seu último destino levouno ao instituto onde estudou, é dicir ao Valle Inclán, non podía estar máis feliz xa que despois de case 20 anos non tivo que volver coller o coche. Neste instituto estivo 18 anos ata que con 65 xubilouse, porque xa tiña o tempo de servizo e xa tocaba. Colabora con nós relatando as súas viaxes e os seus relatos.
máis artigos
♥♥♥ síguenos ♥♥♥