Para calquera visitante do Museo de Pontevedra é case imposible que pase desapercibido este cadro. A primeira razón, e máis evidente, polas súas dimensións, pero máis alá desa primeira impresión chaman a atención a súa temática e a súa esmerada feitura.

“Víctima del trabajo” é un cadro realizado en 1899 por Xenaro Carrero Fernández, un pintor noiés nado en 1874, e que xunto con outros tres pintores da época formou parte da que se bautizou como a Xeración Doente.
Foi esta unha xeración de pintores á que se lle deu ese nome porque todos faleceron de tuberculose moi novos, arredor dos 30 anos, xusto ao comezo do século XX. Formaban parte dese grupo, ademais de Xenaro Carrero, Ovidio Murguía Castro, 1871 – 1900 (fillo de Rosalía Castro), Ramón Parada Justel, 1871 – 1901 e Xaquín Vaamonde Cornide, 1871 – 1900.
O cadro, de grandes dimensións (300 Cm x 402 Cm), representa una escena que se desenvolve na Praza do Obradoiro, fronte ao Hospital Real. Un home ferido no traballo é trasladado nun carro de vacas, deitado nun leito de pallas, ante a curiosa mirada de homes, mulleres e nenos que nese momento están no lugar. Nun atardecer de choiva co reflexo da auga nas pedras molladas, son as miradas desas persoas as que nos permiten imaxinar a gravidade dese home que supoñemos accidentado, do cal só vemos os pés espidos a apenas unha man. Ocúltase así aos ollos dos espectadores o drama da escena, evítanse as imaxes máis desagradables e preséntase unha realidade contida e dende unha vertente máis amábel e costumbrista.
A traxectoria de Xenaro Carrero ata chegar a esta premiada obra non estivo exenta de éxitos.
Empezou a súa formación pictórica en Noia da man de Ramón Lira de Castro. Aos quince anos trasládase coa súa familia a Santiago e recibe formación xunto con Ovidio Murguía entre outros, na Real Sociedad Económica de Amigos del País, onde aos 20 anos obtén a Medalla de Oro. Ao ano seguinte concorre á Exposición Nacional e obtén unha mención honorífica. Este recoñecemento a nivel nacional dálle impulso para trasladarse a Madrid e volve concorrer ao mesmo certame obtendo de novo Mención Honorífica.
Chega con este premio o recoñecemento por parte da Deputación da Coruña, que lle concede unha beca para proseguir os seus estudos en Madrid.
Baixo a protección de Montero Ríos, que lle consegue un posto de restaurador no Museo del Prado, a súa situación económica vai mellorando lixeiramente.

En 1899 preséntase de novo coa obra “Víctima del trabajo”, e consegue a Segunda Medalla. Este último premio supón un novo pulo na sua carreira, pois empeza a ser recoñecido nos círculos artísticos de Madrid, ao tempo que recibe encargos de personaxes galegos afincados na capital.
Pero a que prometía ser unha importante carreira artística vese truncada por mor da enfermidade. A tuberculose lévao a Segovia onde procura unha melloría que non chega, e finalmente trasládase a Santiago na primavera de 1902 onde falece aos poucos meses, cando tan só contaba 28 anos.
“Víctima del Trabajo” resulta ser pois, o seu último e máis premiado traballo. É a culminación dunha cadea de éxitos que perfilaban unha carreira importante que se viu truncada nada máis comezar.
O cadro é propiedade do Depósito do Museo del Prado. Na actualidade exhíbese na exposición permanente do Museo de Pontevedra xunto con outros cadros do autor e dos outros pintores da Xeración Doente, que ocupan unha sala dedicada. Merece a pena deterse a contemplalos pausada e atentamente.
“Víctima del Trabajo” Segunda Medalla na Exposición Nacional de 1899.
Vídeo da autora con audio da Asociación Espazo Rojo

Selo Blanco Blanco
Profesora de dibujo
Selo Blanco Blanco. Nace en Chantada el 28 de mayo de 1961. Dos años después su familia se traslada a Vigo, donde reside hasta 1989. Arquitecto por la E.T.S.A de La Coruña. Ejerce como profesora de Dibujo en el IES Valle Inclán de Pontevedra desde el año 1996 hasta la actualidad.
máis artigos
Actividades do 6 ao 12 de febreiro 2023
by Ana | Febreiro 5, 2023 | Actividades | 0 Comments
Do 30 de xaneiro ao 5 de febreiro 2023
by Ana | Xaneiro 29, 2023 | Actividades | 0 Comments
Actividades do 23 ao 29 de xaneiro 2023
by Ana | Xaneiro 22, 2023 | Actividades | 0 Comments
Revista do mes de Novembro 2022 por José Antonio Pérez
by Xose Antonio Pérez Graña | Decembro 18, 2022 | Actividades | 0 Comments
Do 12 ao 18 de decembro por Ana Santos
by Ana | Decembro 11, 2022 | Actividades | 0 Comments
Actividades do 5 ao 11 de decembro 2022
by Ana | Decembro 3, 2022 | Actividades | 0 Comments
Marina de Sáa González por Ana Santos Solla
by Ana | Decembro 18, 2022 | Historias de vida | 0 Comments
Luis Otero Echart por Ana Santos
by Ana | Decembro 4, 2022 | Historias de vida | 0 Comments
Mª del Carmen Fernández Iglesias por Ana Santos
by Ana | Novembro 13, 2022 | Historias de vida | 0 Comments
Rafael Loureiro Álvarez-Builla por Ana Santos
by Ana | Outubro 30, 2022 | Historias de vida | 0 Comments
Meli Fandiño Barbosa por Ana Santos Solla
by Ana | Outubro 1, 2022 | Historias de vida | 0 Comments
Pilar Comesaña por José Cerdeira Soto
by Jose Cerdeira | Setembro 18, 2022 | Historias de vida | 0 Comments
A solución por Isidro Cortizo del Río
by Isidro | Febreiro 5, 2023 | Artísticas | 0 Comments
Anarquistas en Andalucía por Luis Guereñu
by Colaborador | Xaneiro 28, 2023 | Articulos | 0 Comments
Croacia por Manolo Gulías Márquez
by Colaborador | Xaneiro 28, 2023 | Escapadas | 0 Comments